No terceiromolondevalon berramos NOOOOOO! Contra a violencia machista
e contra todos os tipos de violencia.
E queremos que as palabras:
FORZA
AMOR
AMIZADE
VALENTÍA
RESPECTO
IGUALDADE
LIBERDADE
DIÁLOGO
Soen ben forte este e todos os días.
Nós comprometémonos!
O mércores pasado fixemos no cole unha festa na que celebramos o Samaín e o Magosto. Todo o cole participou e os maiores organizaron uns xogos. Había lanzamento de maínzo, pintacaras, tirachinas,unha tea de araña xigante no ximnasio...
Tamén houbo un concurso de baile terorífico para o que ensaiaramos no recreo. Da nosa clase Lucas levou un premio, fixoo terrorificamente ben!
Comimos castañas e bebimos batidos que nos trouxo a ANPA.
Pasámolo de medo!
DIA NO TEATRO
Onte fumos ao teatro.Fumos ao Pazo da Cultura de Narón.Vimos unha obra de teatro que se titulaba PATAPATÚM.Alí coincidimos con outros coles.
A obra trataba de un neno que quería xogar cos seus pais.A eles sonáballes seguido o despertador e tiñan que ir traballar.Rencompensaban ao neno con montañas de xoguetes pero a el non lle interesaban.Ao final os pais déronse conta de que o regalo máis importante era tempo para pasar e familia.
O tipo de comunicación foi a través de xestos, sons e imaxes, menos mal que o estudiaramos en Lengua!
Pasámolo en grande!
En clase de ciencias estivemos traballando coa realidade virtual. A RV é un instrumento que nos permite ver debuxos e imaxes como se fosen reais e cobrasen vida.
O Merge Cube fixo que puidesemos ter nas nosas mans o Sistema Solar.
Cunhas camisetas especiais e a tablet vimos o noso corpo por dentro.
GUSTOUNOS MOITO!!!
A semana pasada fumos de excursión a Cabanas e fixemos unha actividade de kaiak e un taller medioambiental .
Compartimos bus co CRA de Narón e coneciños aos nenos de cuarto de ese colexio.
Un biólogo ensinounos a mariscar e collemos uns berberechos.
Pasoron cousas moi devertidas como que Emilo se tirou a auga para que o seu kaiak non encaiara.
PASÁMOLO XENIAL ¡