Esta semana fixemos unha manualidade relacionada co inverno.
Cada un dos nenos e nenas elaborou o seu propio boneco de neve, pero en lugar de poñerlle un gorriño, puxéronlle unhas orelleiras.
Que bonitos quedaron!!!!
A semana pasada os nenos e nenas de infantil levamos a cabo un experimento: fixemos neve.
Mezclando dou ingredientes moi sinxelos logramos ter neve na aula. Que ben o pasamos!!
Este trimestre estamos traballando o proxecto dos dinosaurios e a semana pasada tivemos un nacemento na clase.
Un día chegamos á aula e había un ovo. Moitos pensamos que ía nacer un dinosaurio. Por iso botámoslle auga e fomos observando cada día o que sucedía. Co paso do tempo o ovo foise rompendo ata que vimos nacer un Triceratops.
Xa temos unha nova mascota no noso recuncho do proxecto!!
EMPEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA!
COS XOGOS DE ROBÓTICA LEGO APRENDEEMOS A PROGRAMAR E INICIARNOS NA ROBÓTICA CUNS PROXECTOS MOI CHULOS.
XA VOS IREMOS INFORMANDO DOS NOSOS AVANCES!
Hoxe tivemos que ser perruqueiras e perruqueiros e cortarlle o pelo a Ricky. Pero como estaba un pouco pálido, primeiro démoslle un pouco de cor.
Despois collemos as tesoiras e, a cortar!!! Moitos dos nenos e nenas decidiron rapalo, pero outros cortáronlle só algúns mechóns de cabelo.
Quedou moi guapo!!