Iniciar sesión: Acceso

NACEMENTO NA CLASE DE INFANTIL

   Este trimestre estamos traballando o proxecto dos dinosaurios e a semana pasada tivemos un nacemento na clase.

   Un día chegamos á aula e había un ovo. Moitos pensamos que ía nacer un dinosaurio. Por iso botámoslle auga e fomos observando cada día o que sucedía. Co paso do tempo o ovo foise rompendo ata que vimos nacer un Triceratops.

   Xa temos unha nova mascota no noso recuncho do proxecto!!