Iniciar sesión: Acceso

COMEZAMOS A SEMANA E CHEGAMOS Á LÚA

    Bos días peques,

  Como estades? Listos para comezar una nova semana e novo mes?

   O primeiro que imos facer e ver este vídeo do conto ¿A que sabe la Luna? que nos da una pista sobre o que imos aprender hoxe.

   Agora que sabedes que imos coñecer mellor a Lúa, déixovos un vídeo onde vos conta cousiñas dela e onde tamén vos explico a actividade de lecto- escritura. Imos ter una lanterna máxica que nos permite atopar palabras escondidas (podedes ver que a actividade ten dúas modalidades: unha para os nenos e nenas de 3 anos e outra para os de 4 e 5 anos). Se non dispoñemos da funda de plástico ou da cartolina, podemos usar unha folla en branco e ir buscando as palabras escritas (relacionadas co Sistema Solar e os nomes dos compañeiros/as).

   

   Aquí tedes outro vídeo que vos explica tamén a Lúa.

   

                                                       

    Como puidéchedes ver no vídeo hoxe lle imos a explicar a Pixi os hábitos de hixiene e as prendas de roupa. Imos dicir 5 prendas (sen repetir) dicindo onde as poñemos. Ademais imos traballar a nosa motricidade fina tendendo roupa, dobrándoa, abotoándoa, subindo e baixando cremalleras, poñendo corchetes, atando os nosos zapatos…

   Neste vídeo podedes ver unha canción dos hábitos de hixiene.

   

   Por último vos propoño traballar as nosas emocións. Para iso vos deixo un documento que podedes copiar onde hai 6 frascos que gardan as nosas emocións: alegría, tristeza, rabia, medo, calma e amor. O que temos que facer é poñer cada día un puntiño no bote da emoción que representa como nos sentimos ese día (usando a cor desa emoción) explicando por qué. Por exemplo hoxe eu estou alegre porque a fin de semana puiden saír a dar un paseo, polo que poño un puntiño amarelo no bote da alegría.

   En que bote poñedes vós hoxe o punto?

   

   VER DOCUMENTO ADXUNTO

    Bótovos moito de menos.

  Un bico enorme.

CORONAVIRUS: SAÍMOS Á RÚA

A CONTINUACIÓN, MÓSTROVOS VARIOS MATERIAIS PARA TRABALLAR C@S NEN@S O MOMENTO DE SAÍR Á RÚA, AS NORMAS E HÁBITOS DE HIXIENE (TODOS DE ARASAAC).

PERFECTOS PARA ANTICIPAR O QUE VAI PASAR E PARA QUE COMPRENDAN ESTAS SITUACIÓNS ANÓMALAS.

MIRADE O QUE MÁIS VOS GUSTE OU MELLOR SE ADAPTE AO VOS@ FILL@.

ESPERO QUE VOS SEXA ÚTIL.

Ópera en casa

Bos días clase,

Déixovos adxuntado o traballo da semana e un enlace para disfrutar da ópera na casa.

watch

Espero vos guste e o vexades en familia.

Unha aperta enormeRisa

Ópera na casa

Ola familias,                                           

Déixovos un enlace para disfrutar da ópera na casa e adaptada para educación primaria. 

https://www.youtube.com/watch?v=JiKnC9PGSpI&t=8s

Espero vos guste      

ADIANTAMOS A FIN DE SEMANA!

Ola de novo!

Como sabedes, mañá é festivo polo que estamos xa de volta. 

Esta semana, todas aquelas persoas que enviáchedes o DIARIO, recibiredes unha proposta de traballo de repaso das linguas. Se alguén aínda non o fixo e credes que vos viría ben reforzar un pouquiño o traballo de clases de palabras (morfoloxía) estades a tempo de enviarme os vosos textos ao longo desta nova semana. 

Ademais, aproveito para deixarvos unha RECEITA da miña TARTA DE QUEIXO para estes próximos días. Calquera de vos pode elaborala- Tranquilas, non leva levadura! Ademais, tedes un oco ao final por se vos apetece propoñer ou compartir algunha receita propia. 

Como veredes, vai acompañada dalgunhas actividades de repaso de matemáticas SÓ PARA AS ALUMNAS/OS de 5º E 5º CURSOS.

Coma sempre, podedes enviarme os resultados das actividades, as receitas ou as vosas propias tartas no formato que queirades e a través tanto do correo electrónico coma o whtasapp. Lembrade que non é necesario imprimir, podedes escribilo nun caderno ou mesmo no propio documento se vos decidides a descargalo dende a nosa carpeta no GOOGLE DRIVE. 

 ATA A PRÓXIMA SEMANA!

Distribuir contido