Iniciar sesión: Acceso

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA

Ola familias!!!

Xa estamos de volta despois dos meses de verán para comezar unha nova aventura con moitas novidades: nova aula no piso de arriba, reencontros, novos compis, novos materiais.... e sobre todo novas ilusións.

Estes primeiros días foron sobre todo de contacto co novo espazo (aínda falta algún mobiliario que en breve teremos), de desfrutar de novo o compartir xogos e momentos xuntos, de lembrar antigas rutinas e comezar a interiorizar outras novas.

Aquí vos amosamos as propostas deste días que nos permitiron familiarizarnos co novo espazo e outras actividades que levamos a cabo estes tres días.

Puidemos traballar a orientación espacial e a toma de decisións para escoller a mellor estratexia para conseguir o patrón dado.

Afianzamos a coordinación óculo- manual, a motricidade fina e a creatividade decorando estes corazóns con pezas pequenas de moitas cores.

Seguimos co traballo de ollo- man e a motricidade fina manipulando ferramentas para amañar o barco.

E como nons encantan as mesas sensoriais, estes días non podían faltar, neste caso cos trasvases de lentellas.

Como xogo simbólico un día tivemos a casiña que algúns xa coñecíamos do ano pasao, pero este curso temos mobiliarios de piscina. Guiño

Os coches non podían faltar, con algún novo vehículo, como un camión de Amazon e o tractor que nos deron moito xogo.

E a lecto tamen tiña que estar moi presente, neste caso formando as letras con pezas de diferentes cores e lonxitudes.

Tamén tivemos tempo para desfrutar da lectura no novo espazo da biblioteca.

Decoramos os manteis da merenda onde a creatividade estivo moi presente.

Xogamos co lego creando de todo: casiñas, camas... pero sobre todo desfrutando do tempo xuntos.

As construccións encántanos e se teñen imán moito máis.

Seguir os pasos para conseguir unha figura, neste caso un sandwich, é moi importante para darnos conta dos pasos de todo proceso.

Sen esquecer a importancia da pinza para a nosa motricidade fina.

E por suposto a orientación espacial non podía faltar con este xogo con tarxetas con diferentes dificultades. Canta concentración precisamos!!!

Outra proposta de lectoescritura foi formar palabras.

Co xogo das bolboretas reforzamos a atención.

Os imáns nos gustan a todos/as.

Mirade que torre fixo a nosa compi con estas pedras de cores, ordeándoas de maior a menor.

A expresión artísitica é moi importante e este curso contamos cunha pizarra enorme na clase na que puidemos debuxar cos rotuladores máxicos (pódense borrar, jeje).

Outra proposta con vehículos, esta vez cunha estrada nova.

Queredes mercar algo na nosa tenda? Temos de todo: froita, polo, conservas... Como preferides pagar: en efectivo ou con tarxeta? 

As construccións con pezas pequenas requiren maior precisión e concentración, pero non se nos resisten.

O xeoplano tamén estará presente este curso na nosa clase.

A profe Rocío nos propuxo xogar á jenga, pero nós transformamos o xogo creando torres de cores. Sorriso

Esta creación é un arco da vella.

Desfrutamos tanto debuxando que puidemos facelo de forma libre representando as tartarugas ninja, Sonic e moito máis. A profe xa recibiu os seus primeiros debuxos. Guiño

Co xogo Kappla podemos facer construccións moi altas.

Os compis que estiveron outros anos nesta aula nos deixaron quebracabezas que comezamos a facer para ver se están completos.

Como novidade este curso temos unha cesta da calma con diversos elementos que nos axudarán a relaxarnos.

O primeiro día recibimos un pequeno agasallo: unha pulseira que nos une como equipo.

Outra das novidades deste curso é que contamos dentro da aula cunha porta moi especial: o seu dono é un rato moi querido por nós. Terá que visitarnos este ano? Quen sabe. Guiño

Como vos comentamos, estamos familiarizándonos con novas rutinas, como é poñer as zapatillas para estar na aula.

E para a semana celebraremos os cumples deste mes xa que algúns compis estiveron de aniversario antes de que comezara o cole e gústanos celebralos todos xuntos. Así, os protagonistas decoraron as súas coroas e a semana que ven pasarémolo xenial.

Como podedes ver foron uns días con moitas novidadese novas ilusións. A profe está moi orgullosa de nós porque sempre deixamos todo recollido, respectamos as normas, fomos uns grandes anfitrións e somos un grande equipo.

A semana que ven moito máis!!