Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

ACTUACIÓNS DE ENTROIDO

SEMANA DO ENTROIDO!!

Ola familias!!

Esta semana foi intensa e chea de nervios polo Entroido.

Como todos os anos cumplimos os mandatos da Meca. O luns viñemos cun bigote.

O martes co bigote eun colar de flores.

O mércores con todo o do martes e ademais un gorro na cabeza.

E o último día de mandato co look completo: bigote, colar de flores, gorro e vestidos con cores vistosas.

Pero tamén foi unha semana chea de propostas variadas. Por un lado tivemos que atopar nunha bandexa chea de confeti tarxetas pequenas con elementos do Entroido. Os peques de 3 anos cando as atopan as rodeaban e os peques de 4 e 5 anos asociaban cada imaxe co seu nome, traballando así a atención e a lecto escritura, ademais da concentración.

Tamén tivemos un caizón cheo de complementos para poder disfrazarnos e desfrutar de momentos entre todos. A que estamos guapos/as!!!

Como xa secou a nosa obra do Big Bang xa lle puidemos poñer as letras. Para iso fomos identificando e recortando o son que nos dicía a profe e formamos o nome, traballando a conciencia fonolóxica e as nosas manciñas.

No proxecto de China falamos e coñecimos máis a súa fauna. Sabíades que o animal máis coñecido é o oso panda? Pois nós decidimos traballar a motricidade fina decorando un oso con fabas negras e algodón. Quedou precioso!!

Outra das propostas desta semana foi decorar o fondo que fixemos fai uns días con cores do inverno. Para iso lle fixemos un marco con gomets, pero traballando a seriación.

E outra das propostas de lóxica matemática foi asociar as matrículas cos seus coches, pero cómo? Pois contabamos as deceas e unidades e buscábamos o número. Que ben o fixemos!!!

Seguimos traballando moito a motricidade fina e nesta ocasión a actividade estaba relacionado co inverno. Fixemos bonecos de neve con diferentes elementos: plastilina, olliños, gorriños de lá, paus de cores, pedras de cores...

E seguimos co proxecto do Universo. Nesta ocasión clasificamos imaxes de galaxias porque, sabedes que hai tres tipos? Nós si e logo escribimos o nome da nosa galaxia debaixo de tipo que é. Os peques de 3 anos a formaron con selos.

Na sesión de valores realizamos debuxos colaborativos pois todos deixamos a noso graniño de area en cada un deles, posto que fomos rotando cada certo tempo para completar o que os demais compañeiros/as xa fiexeran.

E o venres, antes de celebrar o Entroido con todos vós, deixamos lista unha actividade relacionada co día do amor, que como cadra nestes días de vacacións non o podemos celebrar o mesmo día. Pero no vos imos dicir que fixemos, será sorpresa. Guiño

E aquí estamos listos para celebrar o Entroido. Estivemos ensaiando moito durante semanas e estamos moi contentas/os co resultado. E a profe Rocío está moi orgullosa de nós!!!

SEMANA DA PAZ

Ola familias!!

Aquí estamos de novo para amosarvos o acontecido esta semana.

O luns realizamos unha actividade de grafismo creativo, decorando cada parte na que dividimos un folio (como se fose un copo de neve). Escollimos a cor e os grafismo a realizar, traballando non só a motricidade fina e atrefas que nos achegan á escritura, senón tamén a toma de decisións.

O martes realizamos unha actividade des estimación: tiñamos un bote con pompóns e cada un tiñamos que dicir cantos criamos que había. Despois anótabamos o número. Ningúen acertou a cantidad (que é o de menos) pero moitos se achegaron.

Despois tivo lugar a celebración do Día da Paz cos nosos compañeiros/as do cole. Primeor realizamos unha carreira por niveis e logo corrimos co compañeiros/as de primaria, levando a cabo o apadriñamento corredor. 

Para rematar colocamos no Mapazmundi as personaxes que traballamos cada clase. No noso caso foron Leymah Gbowee e Shirin Ebadi, dúas mullers que loitaron pola paz nos seus países.

O mércores despedimos xaneiro e como todos os meses fixemos o rexistro do tempo: contamos pompóns en cada bote, colocamos tantos gomets como pompóns había, escribimos/pegamos pegatina do número e escribimos o nome do mes, traballando asó conteo, grafía de números, lectoecritura, tempo en espera, respeto polos demais....

Como proposta de lectoescritura, nesta ocasión traballamos a conciencia fonolóxica cunhas rodas onde tiñamos que marca cunha pinza (traballo de motricidade fina) as imaxes que comezaban polo son que nos indicaba cada roda.

Como sabedes, desde esta semana temos en infantil á profe Ana, que está facendo as prácticas no noso cole. E o venres fixemos unha actividade con ela: escribir o palabra  sol e o coloreamos coas súas cores empregando acuarelas.

Aproveitando o bo tempo que tivemos o venres recreamos o Big Bang, a explosión que fixo que se formara o universo. Para iso mollamos boliñas de papel en témpera de cores (branca, vermella, amarela e laranxa) e as tiramos nunha cartolina azul, como se fose unha explosión. Como disfrutamos!!

E para rematar a xornada, sesión cine coa película "Atrapa la bandera", relacionada co noso proxecto.

Ata a próxima semana!!!

PROXECTO DO UNIVERSO E MOITAS MÁIS PROPOSTAS

Ola familias!!

Aquí estamos de novo para amosarvos todo o que fixemos esta semana:

Xa comezamos a coñecer cousiñas do universo e o primeiro que investigamos é como se formou. Sabedes que houbo unha grande explosión?

Posto que o proxecto é o Universo o mini mundo da clase está relacionado con el: astronautas, asteroides, naves...

Como proposta de lóxica matemática os de 4 e 5 anos realizaron sumas e traballaron as súas manciñas, posto que tiñan que poñer clips nas tarxetas das sumas para poder realizalas. Canta concentración e destreza!!

Os pequerrechos de 3 anos fixeron o mesmo cos clips, pero eles/elas traballaron a asociación de grafía- cantidade.

Tamén nos familiarizamos co uso da regra preparando un material para a próxima semana.

E seguimos co noso disfraz. Que estivemos facendo? Dámosvos unha pista: é algo para poñer na cabeza.Guiño

Relacionado co Universo, coñecemos e falamos das galaxias, dos distintos tipos e por suposto da nosa: a Vía Láctea, que ten forma de espiral. Por iso na tuff decoramos con pompóns de cores unha espiral. Que mellor que interiorizar o traballado que de forma manipulativa.

E seguimos avanzando na lectoescritura con propostas para adquirir vocabulario do proxecto. Os maiores seguen familiarizándose coas minúsculas.

E outra das propostas de lóxica matemática estivo relacionada co inverno: tirar o dado, identificar a cantidade (cada un/unha ao seu ritmo) e meter tantas boliñas de algodón nun bote con forma de boneco de neve como indica o dado, pero usando as pinzas, que hai que fortalecer esas mans. Así traballamos a subitización e o conteo.

Tamén elaboramos os nosos carteis para o mural da paz que estamos preparando todo o cole.

E como viaxamos ao Universo? Pois nun cohete. Para iso lle dimos cor traballando a creatividade, cortamos as pezas (figuras xeométricas) e o montamos, escribindo o nome, traballando non só as tesoiras, senón tamén as figuras xeométricas e a lectoescritura.

E para rematar a semana comezamos cunha actividade que nos vai levar varias sesións. Nesta ocasión coloreamos unha folla dividida en liñas con cores do inverno, azul e violeta, traballando ao mesmo tempo a seriación e manipulando materiais como as témperas e os pinceis.

Antes xa nos debuxáramos para traballar o esquema corporal.

Ata a semana que ven!!

DESCUBRIMOS O NOVO PROXECTO E COMEZAMOS CO DISFRAZ

Ola familias!!

Esta semana coñecimos o proxecto que imos levar a cabo este trimestre e seguimos avanzando na lectoescritura e na lóxica matemática.

O luns nada máis chegar á clase nos atopamos co teito da clase iluminado con estrelas e nebulosas. Foi así como nos dimos conta de que ía tratar o proxecto.

Así falamos e anotamos do que sabemos e do que queremos saber sobre o universo.

Unha das propostas para traballar as nosas manciñas foi desconxelar animais mariños, usando para iso auga e pipetas.

Como actividade de lectoescritura os peques de 3 anos tiñan que atopar a letra que representaba o son que realizaba a profe e logo colocala na plantilla no sitio correspondente.

E os peques de 4 e 5 anos formaban palabras relacionadas co inverno. Para iso empregaban as letras que tiñan no saquiño e as colocaban no limpapipas, así traballamos a coordinación óculo manual.

E comezamos a elaborar os complementos do disfraz. Que será isto que fixeron?

A profe Sareva axudounos a traballar a atención e as simetrías con esta actividade na que tiñamos que atopar a outra metade dun copo de neve que nos daba. Que atentos tivemos que estar para fixarnos nos detalles.

Como proposta de lóxica matemática os peques de 3 anos contaban os esquimais que había nun iglú e o relacionaban co número correspondente, traballando así a asociación de grafía cantidade.

Ademais tamén formaron a recta numérica ata o 10.

E os peques de 4 e 5 anos formaron decenas e puxeron unha gomiña para suxetar os paus, así traballamos o conteo e a motricidade fina.

Outra das propostas de lectoescritura foi identificar e ordear os días da semana, asociando despois os números ordinais con cada día.

Os peques de 5 anos tamén se aproximaron á lectura identificando nunha tarxeta onde estaba escrito o nome da imaxe que aparecía nela.

E os peques de 3 anos atopaban a letra que representaba o son emitido pola profe e a gardaban no caixón correspondente.

Cos nosos compañeiros/as de 4 e 5 anos da outra clase de infantil comezamos a darlle cor á historia que creamos con eles dentro da actividade de escritura creativa. Aínda nos queda un pouquiño para rematala.

Os peques de 3 anos manipularon e identificaron as figuras xeométricas.

E os compis de 4 e 5 anos empregaron as decenas que formaran noutra sesión para descompoñer os números en decenas e unidades.

Tamén nos familiarizamos coas regletas.

E realizamos o nosos debuxo para o Certame de Poesía e Imaxe deste ano.

A próxima semana moito máis!!!Guiño

Distribuir contido