Ola familias!!
Aquí estamos de novo para amosarvos o acontecido esta semana.
O luns realizamos unha actividade de grafismo creativo, decorando cada parte na que dividimos un folio (como se fose un copo de neve). Escollimos a cor e os grafismo a realizar, traballando non só a motricidade fina e atrefas que nos achegan á escritura, senón tamén a toma de decisións.
O martes realizamos unha actividade des estimación: tiñamos un bote con pompóns e cada un tiñamos que dicir cantos criamos que había. Despois anótabamos o número. Ningúen acertou a cantidad (que é o de menos) pero moitos se achegaron.
Despois tivo lugar a celebración do Día da Paz cos nosos compañeiros/as do cole. Primeor realizamos unha carreira por niveis e logo corrimos co compañeiros/as de primaria, levando a cabo o apadriñamento corredor.
Para rematar colocamos no Mapazmundi as personaxes que traballamos cada clase. No noso caso foron Leymah Gbowee e Shirin Ebadi, dúas mullers que loitaron pola paz nos seus países.
O mércores despedimos xaneiro e como todos os meses fixemos o rexistro do tempo: contamos pompóns en cada bote, colocamos tantos gomets como pompóns había, escribimos/pegamos pegatina do número e escribimos o nome do mes, traballando asó conteo, grafía de números, lectoecritura, tempo en espera, respeto polos demais....
Como proposta de lectoescritura, nesta ocasión traballamos a conciencia fonolóxica cunhas rodas onde tiñamos que marca cunha pinza (traballo de motricidade fina) as imaxes que comezaban polo son que nos indicaba cada roda.
Como sabedes, desde esta semana temos en infantil á profe Ana, que está facendo as prácticas no noso cole. E o venres fixemos unha actividade con ela: escribir o palabra sol e o coloreamos coas súas cores empregando acuarelas.
Aproveitando o bo tempo que tivemos o venres recreamos o Big Bang, a explosión que fixo que se formara o universo. Para iso mollamos boliñas de papel en témpera de cores (branca, vermella, amarela e laranxa) e as tiramos nunha cartolina azul, como se fose unha explosión. Como disfrutamos!!
E para rematar a xornada, sesión cine coa película "Atrapa la bandera", relacionada co noso proxecto.
Ata a próxima semana!!!