Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
As vivencias do Grupo
Dia da diversidade 22-23
O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.
Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.
Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de tesón, loita, superación,...
Premede na imaxe para escoitalo.
Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.
Sementeira Ciscabyte22-23-Proxecto Terra
O noso centro, o noso alumnado e as mestras e mestres seguimos a traballar por un mundo máis limpo, que a nosa cidade estea cada vez máis limpa, con menos lixo, con menos elementos contaminantes. Dentro dos programas do Plan Proxecta, a través do Proxecto Terra, da man do arquitecto Luís Carretero, os nenos e nenas saíron a recoller lixo polos arredores do colexio, para logo facer un mapeado do mesmo, para rematar dándolle unha dimensión artística. Mirade o proceso.
25N 22-23
Neste mar de violencia, que é unha lacra para a nosa sociedade, o noso alumnado e os mestres e mestras estamos a desenvolver actividades e dinámicas que deixen pouso, para que todos e todas coma cidadáns contribuamos a erradicala da nosa comunidade educativa e da nosa cidade.
FOGGA: froita e leite frescos 21-22
FROITA E LEITE FRESCOS!!
Este ano co FOGGA da Xunta de Galicia, participamos na campaña de consumo de froita e leite frescos. Como desfrutamos comendo amorodos, plátanos, sandía, mandarinas, mazás ou nectarinas. Que boas estaban!! E logo,... a beber leite fresco, cento por cento galego!!!
Esto si que é merendar san!!
Andainas a San Roque 21-22
Este curso gozamos da natureza, do aire libre, do noso patrimonio material e inmaterial. Fixemos moito exercicio físico, e divertímonos moito todos xuntos, no parque de San Roque.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »