As vivencias do Grupo

CARREIRA DE OBSTÁCULOS POLA DIVERSIDADE 23-24

Poñerse no lugar do outro sempre é o máis difícil.

Quixemos que o noso alumnado experimentase as dificultades que outras persoas viven no seu día a día, para  que desenvolvan esa empatía necesaria e poder axudar e comprender que as barreiras existen, pero minimízanse se as entendemos e somos quen de contribuír a reducilas.

Preme na imaxe para ver canto disfrutamos!!!!!!

CARREIRA POLA DIVERSIDADE

Co motivo do Día da diversidade funcional, o martes día 5 de Decembro celebraremos no colexio a carreira solidaria Enki, unha carreira de obstáculos moi divertida.

Polo que invitamos a todo o alumnado a vir con roupa cómoda e  "adornado" (unha perruca, unha capa, unhas gafas...) o que lles apeteza!

 

FESTIRITITITI 23-24

O venres día 1 de Decembro parte do noso alumnado participou no Festiritititi, a festa da integración, organizado pola Asociación Amicos en Boiro.Premede na imaxe para ver un resumo do acontecido.

25N Curso 23-24

Para reivindicar que todas as mulleres debemos ser libres,

traballamos ao longo da semana diferentes actividades: Concepto de violencia de xénero, cor violeta, simboloxía...

E non vos perdades o noso baile!

Premede na imaxe para ver máis.

APRENDENDO A SER - Asociación Renacer-23-24

Estimadas familias, comezamos o programa  co alumnado de quinto e sexto, para axudarlles a medrar integralmente.

A Asociación Renacer vai desenvolver estes obradoiros de xeito altruista.

Fin de curso 22-23

Crear texto gif animado

Arrancamos este último día do curso para desexarlle moi boa sorte ao noso alumnado de sexto, que logo de compartir todos estes anos con nós no colexio, chega ao seu fin a etapa de Primaria.

Agardamos que o seu paso polo colexio lles fose proveitoso e que lle servira para enriquecer mente e alma, e facer de todos e todas mozos e mozas por un futuro mellor, máis xusto e solidario. Parabéns  polo voso traballo!!

Graduacion 22-236ºA-graduación      6ºB-graduación6ºC-graduación

Grazas á nosa marabillosa Anpa Santa Uxía, gozamos do grupo de baile e música tradicinal "Rosalía de Castro de Padrón", que o custeou para todo o alumnado . Escoitamos, bailamos, aprendemos a tocar o bombo e as pandeiretas e mesmo a bailar.

cartaz Anpa fin de curso 22-23 pandeiretas bailadelas

bailamos bailamos

tocamos o bombo 

Tivemos que refrescarnos,...a mangueirazo e aspersores!!!

FESTA DA AUGA FESTA DA AUGA

FESTA DA AUGA FESTA DA AUGA

E..., logo  a LAMBONAR!!!

 

 

 

 

VI EDICIÓN MERCADIÑO SOLIDARIO

picto solidaridade Mercadiño Solidario

Esta semana celebramos o MERCADIÑO SOLIDARIO trocando un alimento non perecedeiro por un libro.

Grazas a todos e todas por aportar o voso granciño de area!!!!!! Premede para ver.

OBRA DE TEATRO "Coas Mans na Nasa"

Esta mañá o alumnado de 5° curso deleitounos cunha marabillosa obra de teatro titulada:

"Coas Mans na Nasa"

Fixeronnos aprender e divertirnos a partes iguais!

Un aplauso para todos eles!!!! 

Coas man na nasa vídeo maio23

LETRAS GALEGAS 22-23

RomaríadasLetras 22-23 pandeireta gif

Este ano estivemos de romaría para conmemorar as nosas Letras. Versionamos e cantamos as poesías da nosa ilustre Rosalía, tocamos as pandeiretas e cantamos cantigas tradicionais, bailamos todos e todas xuntas a Muiñeira Global,e,...para rematar fomos polos distintos "postos" da nosa festa e xogamos, divertímonos e aprendemos sobre Francisco Fernández del Riego e outros autores anteriores, estivemos cosendo redes, debuxando, facendo letering, pescando peixiños, facendo nós,... Vai xornada máis fantástica!!!!

Romaría video 22-23 Romaría das letras-cartaz 22-23

 

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 22-23

DIA CONTRA O ACOSO ESCOLAR GIF  stop-acoso-pictograma

No noso cole quixemos sumarnos a esta loita contra o acoso escolar.

A través da lectura de contos adaptados á idade dos nenos e nenas, estivemos a reflexionar sobre como nos sentimos, sobre como se senten os demais. Aprendemos a ser empáticos, a poñernos no lugar dos outros. Nas fotos que están a continuación se pode ver como participan e desfrutan os nosos alumnos do terceiro ciclo. Dámoslle as gracias á profe Ana Bermúdez pola súa iniciativa e implicación. 

CONTO PARA OS PEQUENOS    CONTO CONTRA ACOSO ESCOLAR MAIORES

Distribuir contido