try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

2021-2022

REBORRADIO ENTREVISTA ESPECIAL

 Os nenos e nenas de primeiro tíñannos preparada unha súper sorpresa na emisión do seu programa de radio.Ían a entrevistar a Papá Noel!

Non podían estar máis emocionados. Escoitade con atención.

 

MISIÓN: DECORAR AS LETRAS

Como non podía ser doutro xeito, todos os nenos e nenas do CEIP de Rebordáns puxéronse mans á obra para crear o seu mellor deseño e sorprender a Tepo e Tepa.

Mirade o proceso!

Non poderían ser máis creativas!

 

 

QUE SE ESTÁ A ARGALLAR?

Bruxas, meigas, pantasmas, esqueletos, cabazas… inundan o noso cole.

 Non perdades detalle, Tepo e Tepa organizaron un Samaín para poder pasalo de medo!

 Pero… que se está a argallar neste Samaín?

MISIÓN MISTERIOSA

Aarón, o noso mensaxeiro, repartiu polas aulas uns sobres sorpresa. Eran grandes e contiñan unha misión misteriosa. É o momento de comenzar a investigar. Tedes que darlle ao coco.

 Cada día Tepo e Tepa sorprenderannos cunha nova pista. O luns 25 de outubro descubriremos o enigma, o título do proxecto de centro deste novo curso.

 

 

 

APERTURA 2021 - 2022

Ola a todas e todos!

Tepa e máis eu xa estamos de volta!

Chegamos á biblio de Rebordáns coas pilas moi cargadas e cunha chea de ideas, de historias, de proxectos...

Neste curso o lema elexido para as bibliotecas escolares é “A biblioteca escolar ten a palabra” e non pode gustarnos máis!

 Estades preparados e preparadas? Seguro que si. Pois entón a nosa biblio abrirá a súas portas.

 

Lembrade tamén que o protocolo covid aínda ten que seguir vixente. Respectaremos a recomendacións sanitarias.

Vémonos na biblio!

Tepo e Tepa.

Distribuir contido