O día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Nós decidimos darlle visibilidade expoñendo libros con dita temática nos corredores do colexio e pór o noso gran de area falando nas aulas do que significa a palabra “Discapacidade”, do que implica na nosa sociedade e o máis importante: que podemos facer para normalizar ese termo no día a día. Leimos contos, realizamos diferentes actividades empáticas e fixemos nubes de palabras que relacionamos con dita palabra. Un día especial no que dimos un pasiño máis cara a inclusión.