A celebración do Día das Letras Galegas adquire o seu lado máis ambiental ao coincidir precisamente coa conmemoración do Día Internacional da Reciclaxe.
Separar para reciclar, separar para dar unha nova vida, un xesto sinxelo pero de incuestionable valor e utilidade para todos. Porque contribuír á reciclaxe significa contribuír a edificar un mundo mellor, unha tarefa na que as verbas adquiren todo o seu esplendor cando van acompañadas por obras e feitos.