Representantes do profesorado do CEIP Rebordáns na clausura do curso "Aulas I+I" .
O pasado 10 de xuño tivo lugar no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) de Santiago de Compostela a xornada final do programa "Aulas I+I: inclusivas e igualitarias" incluído no plan proxecta 2016-2017.
Nesta xornada final participamos os cinco centros seleccionados a nivel autonómico nesta primeira edición.
Tratouse dunha xoranda de convivencia e posta en común das actividades desenvoltas por cada centro ao longo do curso.
Contamos coa presenza de representantes das consellerías que colaboraron para a posta en marcha deste proxecto.
Por parte da Consellería de Política Social acudiu á inauguración da xornada D. José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social.
En representación da CCEOU (Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria) contamos coa presenza do Director Xeral de Educacion, FP e Innovación Educativa D. Manuel Corredoira López.
Esta xornada foi o punto e final dun proxecto piloto que de seguro se volverá a repetir en futuras edicións dos Plans Proxecta.
Esta clausura supuxo o broche final ao traballo que se desenvolveu no centro en favor da inclusión e da igualdade e na exposición que realizamos os representantes do CEIP de Rebordáns, puidemos contar as nosas experiencias, os nosos procesos de adaptación e cambio así como as aportacións que toda a comunidade educativa realizou ao longo do curso a este proxecto.
Por último dicir que o centro está enormemente agradecido por poder participar neste proxecto.