O pasado sábado , 3 de xuño, miles de persoas reuníronse en Culleredo para celebrar o 20 aniversario de Voz Natura. Desde as 11.00 ata as 19.30 horas, o parque de Acea de Ama foi un fervedoiro de xente con moitas ganas de festa.
O alumnado do centro que se desprazou ata Culleredo para disfrutar desta xornada lúdica e deportiva,tivo a oportunidade de subir aos hinchables ou percorrer a pista americana.
Outra das actividades que despertou o seu interese foi a realizada polo debuxante David Pintor.
Cristhian , Naiara , Natalia, Lucía e Alba conseguiron a súa caricatura.