A Xunta de Persoal Docente de Pontevedra agradece a vida e a obra de Agustín Fernández Paz.
Neste día de despedida, que non quixeramos, a Xunta de Persoal Docente de Pontevedra manifesta publicamente o seu agradecemento a Agustín Fernández Paz pola súa vida e a súa obra.
Unha vida de compromiso coas causas que fan mellor a sociedade.
Agustín Fernández Paz déixanos unha obra de importancia extraordinaria pola súa amplitude, máis de 50 obras publicadas, pola súa extraordinaria calidade literaria, recoñecida na Galiza e internacionalmente, e polo seu valor na defensa do ser humano.
Un compromiso pleno co ensino público, como mestre, profesor, asesor da Consellaría de Educación e Coordinador Docente Galego.
Un compromiso leal coa lingua de noso que enriqueceu en decenas de libros.
Agustín é para nós unha honra compartir contigo a profesión docente.
O teu exemplo é e será unha inspiración para as persoas que traballamos no ensino. Grazas!
Pontevedra,12 de xullo de 2016
Xabier Pérez Davila