try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     As mestras de E.I Eva e Mª Jesús en colaboración co Equipo de Biblioteca, estamos levando a cabo unha sesión de contacontos  por parte das familias ( pais, nais, avós, curmáns...).

     Con esta actividade pretendemos potenciar o gusto polos contos e pola lectura dos nosos nenos e nenas, así como favorecer a relación familia- escola.

     Esta iniciativa está a ter un gran éxito e as familias están a colaborar con moito entusiasmo nesta tarefa.

     A sesión de contacontos realízase na Biblioteca do Centro co lema "CÓNTAME UN CONTO".

     As familias do alumnado de E.I todos os xoves elixe o seu conto favorito e recrea a súa visión particular do conto , empregando todo tipo de materiais: bonecos feitos con teas ,goma- espuma , pauciños , porispán...

     Grazas as familias de todo o alumnado de E.I , pola súa participación.

     Algúns deses contos foron: