try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Fai 177 anos do nacemento dunha das figuras máis importantes na literatura de Galicia. Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837 en ,en Santiago de Compostela. Poeta e novelista tanto en ligua galega como española.

Neste video da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega,"Todas con Rosalía", un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro,...