try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

O Día das Letras Galegas 2014 dedicarase a Xosé María Díaz Castro

P { margin-bottom: 0.21cm; }A:link { }

O Día das Letras Galegas dedicarase a Xosé María Díaz Castro


A RAG homenaxeará o próximo 17 de maio ao poeta lucense que destacou polo seu poemario, "Nimbos"
autor elixido finalmente pola Real Academia Galega (RAG) para ser o homenaxeado do 17 de maio do ano 2014, data na que se conmemora o Día dás Letras Galegas.
forza nos últimos días, dentro dunha pugna na que estaban incluídos Ricardo Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde e Fiz Vergara Vilariño.
A RAG quixo así facer coincidir esta homenaxe co centenario do nacemento do autor de Nimbos, obra de grande influencia na poesía galega contemporánea.
sobre a existencia do ser humano, a relixión e a natureza.
"É un poeta clásico e telúrico", subliñou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, á hora de definir o autor ao que este ano se dedicará o Día das Letras Galegas.
Díaz Castro abandonou o seminario en 1936, meses antes do comezo da Guerra Civil, e pasou a exercer entón como profesor de Ensino Medio en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras e en 1948 trasladouse a Madrid, onde seguiu dando clases e desenvolveu tamén un intenso labor como tradutor.
Consagraríase como poeta en 1961 coa publicación de Nimbos, unha obra de madureza, e que con pouco máis dun medio século ás súas costas xa está considerado un libro clásico da poesía galega.
Nesta obra, Díaz Castro reflexiona sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza con Galicia sempre como trasfondo

Fonte: Faro de Vigo.21/06/13