2º Curso

CURIOSIDADES OU FUN FACT SOBRE CODIFICACIÓN NA SEMANA DE CODEWEEK en 2ºB

Traballar nas diferentes actividades na SEMANA DO CÓDIGO ou CODEWEEK leva a saber moitas curiosidades que nos gusta investigar sobre a programación, as distintas linguaxes, historias...que resumimos nun PPT, que premendo na imaxe podes ver para compartir convosco o aprendido:

CODE WEEK: LAPIS 3D en 2ºB

 

Iniciámonos no eido do deseño e creación en 3D coa axuda dos lapis 3D.

Primeiro repasamos as nocións básicas sobre este material: elementos, funcionamento, proceso físico que acontece (transformación enerxía eléctrica en calorífica)...

Cada neno/a, en primeiro lugar, debuxuo o seu propio deseño para transformar nunha figura 3D. Logo con moito coidado e paciencia emepzou a pór en práctica o explicado. os resultados foron fantásticos e a experiencia moi motivadora:

        

DÍA DO SORRISO en 2ºB, 6 de outubro

En 1999, Harvey Ball, creador do símbolo iconográfico Smiley Face, decidiu proclamar o Día Mundial do Sorriso o primeiro venres de outubro, unha data pensada para ser feliz e traer alegría aos demais, aínda que sexa por un día.

SORRIR é un xesto que produce moitos beneficios. Cando sorrimos, o noso corpo libera endorfinas e serotonina, dúas hormonas que nos fan sentir máis felices, menos estresados ​​e mellorar o noso estado de ánimo.

SORRIR forma parte da linguaxe universal, é gratuíto e axúdanos en moitos ámbitos da vida: na sedución, na vida profesional, na nosa autoestima. Xera seguridade nun mesmo e nos demais. E é contaxioso.

Por iso , NÓS SORRIMOS en 2ºB  todos os días sen agardar ao primeiro venres de outubro e desexamos contaxiarvos:

             

SORRIR É UNHA BOA MEDICIÑA!!!!!!

TRES, DOUS, UN...CODE WEEK Á VISTA!

Outro ano máis  o alumnado de 2º B de EP participando na Semana da Programación cun único obxectivo, o de achegarnos á programación e ao alfabetismo dixital dunha forma divertida e interesante, a nivel mundial.

Xa vos iremos informando unha vez que se vaian organizando actividades.


Para ter mais información preme aquí 

 

3 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT

O HÁBITAT, lugar onde vivimos ou viven seres vivos que debe ser respectado, coidado  e mantido dunha maneira axeitada e sostible.

Un lago, un prado ou un estanque son exemplos de hábitats. Poderíamos dicir que o hábitat é o medio onde vive un ser vivo e no que se pode reproducir, alimentarse, desenvolverse, etc., é dicir, onde pode desenvolver as súas funcións vitais.

Por iso en 2ºB decidimos facer maquetas de diferentes hábitat: terrestres, acuáticos, urbanos, rurais...todos incorporando aspectos ecolóxicos e sociais. Empregaremos a técnica do COLLAGE, con diferentes materiais e texturas simulando lugares reais onde se desenvolve calquer tipo de vida tanto animal como humana.

   

  

 Estes son os resultados:

      

Tamén queremos introducir a temática das migracións das zonas rurais ás cidades, situación que mellorou un pouco pola situación vivida na pandemia.  As aldeas quedan baleiras ou con xente de moita idade, e ás cidades medran e medran, ofrecendo unhas mellores condicións de vida e de servizos.

 Calcúlase que para 2030 o 60% de toda a poboación mundial terá abandonado o campo, instalándose nos arredores das cidades e, sen unha boa planificación, esta migración só pode traer zonas deprimidas, pobreza, criminalidade, desemprego, contaminación e enfermidades. 

De ahí que faremos unha maqueta en 3D dunha cidade que sexa sostible, respectuosa co medio ambiente, ecolóxica...a cidade perfecta.

2 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

Para celebrar esta data propuxemos a actividade titulada  ARTE POLA PAZ,  promovendo a creación de obras artísticas (pinturas, esculturas, poemas, contos...) que representan a Paz e a Non violencia, amosando o poder da arte como ferramenta de cambio.

Na nosa primeira proposta fomentamos a  creatividade representando as situacións escollidas en negativo: ben e mal no mesmo folio:

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN en 2ºB

O 29 de setembro conmemórase o Día Mundial do CORAZÓN!

É o noso motor e por iso debemos coidalo con moito esmero e realizando algunhas cousiñas para mantelo san e forte:

  • Cociñar e comer san
  • Facer exercicio físico ao menos media hora diaria
  • Limitar o consumo de substancias prexudiciais como o tabaco, a sal e o alcol.
  • Controlar o colesterol
  • Controlar o peso, xa que a obesidade é un risco cardiovascular importante.

Despois de ver un vídeo elaboramos unha ficha para saber máis cousas deste órgano tan imprescindible nas nosas vidas: as súas partes ( aurículas e ventrílucos), as dúas circulacións do noso corpo (maior e menor), o pulso que non é mais que o seu latexo...

         

Ademáis de deixarnos levar polo arte creativo e facer un corazón cheo de cor!

 

UN MUNDO NUN MUSEO, proxecto anual co Museo de Bellas Artes de A Coruña en 2ºB de EP

Novo curso, novo proxecto!

En colaboración coas educadoras do Museo de Bellas Artes de A Coruña, como en cursos anteriores, imos levar a cabo un proxecto cunha temática relacionada co tema troncal do centro.

 UN MUNDO NUN MUSEO

Traballar a través do arte diferentes obras de diferentes lugares do mundo. Será como abrir ventás ao mundo do arte.

PROXECTO COMPETENCIAL DE SEGUNDO NIVEL DE EP

Terceira sesión do proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde empezamos a atopar posibles cultivos.

Chamounos a atención a planta do café ou CAFETO...un famoso café que se obtén a partires das feces dunha civeta, o KOPI LUWAK ...

A investigar...

   

  

  

 Despois de investigar na internet, valorar as posibilidades, o noso interese neste cultivo...decidimos mercar  sementes desta planta e tentar mergullarnos no mundo do café!!!

  

Feito o pedido, estamos á espera!

PROXECTO COMPETENCIAL NO SEGUNDO NIVEL DE EP

Segunda sesión do proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde imos deseñar o noso horto da aula, ou polo menos como o imaxinamos ou nos gustaría por grupos de traballo, asumindo cada membro a súa funcion dentro de cada equipo, previamente establecidas tal como se propuxo na asemblea inicial:

   

  

Powered by Drupal - Design by artinet