2º Curso

MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO EN 2ºEP

A próxima semana, venres 10 de novembro empezaremos cunha tarefa familias chamada  MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO  MUNDO,  onde aprenderemos e investigaremos sobre o país que nos toque.

 

Os traballos poderán ser elaborados tanto en soporte papel como dixital, totl liberdade para logo expoñelo aos compañeiros e compañeiras.

Un exemplo con BOOKCREATOR premendo na imaxe:

Mochileiros e mochileiras

Xa empezamos a fermosa VIAXE!

Arxentina, Rusia e Francia!!!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR, 2 de novembro

O primeiro xoves de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia e o acoso escolar.

Na clase 2ºB elaboramos un cartaz, partindomdunha idea que nos gustou moito, onde se deixa reflexado e consensuado unha posible solución a un tema que nos preocupa moito: 

 

Para iso temos que falarnos con respecto, sen gritar, sen enfadarnos, contar ata vinte antes de actuar, non facer o que nos nos gusta que nos fagan a nós, ter empatía, escoitar, non ignorar, incluir, abrazar, sorrir, non empurrar..todo isto e mais saeu na asemblea que tivemos.

Unhas ideas fantásticas para pór en práctica XA!

 O eloxio da semana

 

Isto pode ser moi divertido xa que pode funcionar como un bo rompe-xeo dentro do proxecto que estamos a xestionar. Escribiremos todos os nomes de todo o alumnado da clase en pequenos anacos de papel e colocarémolos na caixa pequena. A continuación, pediráselle a cada alumno que tome un ao chou, sempre que non teña nome propio.

Unha vez rematado isto, cóllese unha folla tamaño cuartilla na que cada persoa poida facer un bonito detalle para a persoa que elixiu. Un bo exemplo sería facer unha lista das cualidades positivas que posúes, escribir unha palabra que che recorde a esa persoa, escribir unha dedicatoria, facer uns debuxos ou calquera outra cousa.

A finalidade destas actividades para previr a violencia escolar e o acoso escolar é compartir emocións positivas que axuden a reforzar a autoestima de todos os compañeiros a través dos eloxios dos compañeiros. Deste xeito, crearase un bo clima na aula e reduciranse todas as expectativas de conflitividade que poidan existir entre algúns deles.

Farémolo durante a semana e leremos ao final da semana, os venres, OS PIROPOS OU ELOXIOS!

MAGOSTO EN 2º NIVEL DE EP, 3 de novembro

 

Como unha tradición moi vencellada a nosa Terra, celebramos o Magosto, pero esta vez dentro da aula xa que a borrasca non nos deixou a celebración dos xogos populares. para darlle un aire de festa decidimos xuntarnos os dous segundos: Degustamos castañas, tomamos un chocolate e desfrutamos dunha xornada de convivencia.

   

ACTIVIDADE 1: O QUE ME GUSTARÍA VER OU O QUE VEXO A TRAVÉS DA MIÑA VENTÁ do proxecto "Un mundo nun museo" en 2ºB EP

Partindo da análise das fiestras da nosa vivenda e do que se ve a través delas quedáron estes fermosos traballos do alumnado de 2ºB, e grazas, como sempre, á contribución das familias xunto co apoio incondicional:

           

 

ACTIVIDADE 2: A NOSA FIESTRA IDEAL do proxecto "Un mundo nun museo" en 2ºB de EP

A actividade proposta polas educadoras do Museo de Bellas Artes no primeiro reto é debuxar a nosa fiestra ideal empregando calquer técnica para darlle a cor que queremos e totalmente aberta ao mundo que queremos ver, seguindo os modelos de cadros estudados de Picasso e Matisse.

             

 

SAMAÍN en 2ºEP, 31 de outubro

omo todos os anos o 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festividade de raíces moi galegas de orixe celta e sempre contando coa colabración e implicación das familias para levala a cabo.

En 2ºB decoramos a aula para vivlo moi intensamente e darlle unha sorpresa ao alumnado desta clase: tiñades que verlle a cara!

      

 

En 2º A tamén nos disfrazamos e invitámolos a nosa clase a desfrutar desta celebración:

 

E para rematar un vídeo moi samaíntico!!

FESTA DOS ESPÍRITUS DO PLANETA en 2º EP, 3O de outubro

Transformamos as aulas de 2º EP en diferentes ecosistemas encantados onde cada estudante representará e deseñará un "espíritu guardián" dun elemento da natureza da nosa nai Terra.

Crean personaxes que simbolizan aspectos do medio ambiente, como océanos, bosques, animais en perigo de extinción...teñen que deseñalo e debuxalo, ademais de poñerlle un nome e os superpoderes que posúen para poder levar a cabo a súa función.

Durante esta festividade os espíritus protectores da Natureza contan a súa historia, o que e como o  fan!

        

DIA MUNDIAL DAS CIDADES, 31 de outubro

En 2ºB de EP quixemos celebrar esta conmemoración Día Mundial das Cidades poñendo en marcha un proxecto chamado EXPO-CIDADE SOSTIBLE onde os rapaces deseñaron, debuxaron e colrearon as súas cidades sostibles e adaptadas a uns bos hábitos de coidado da natureza, respecto ao medio ambiente, funcionando con enerxías limpas e cunha estructura cíclica e que propoña a reciclaxe. As cidades do futuro deben de ser así, mirando para axudar a salvar e coidar o noso planeta: sin fumes, sin contaminación acústica...e así deixarllo en herdanza a futuras xeracións nunhas condicións boas.

          

 

UN MUNDO NUN MUSEO en 2ºB: PRIMEIRO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES

Xa nos enviaron o primeiro reto deste proxecto anual dende o Museo de Bellas Artes, no que se resuma no seguinte: 

Partiremos do cadro titulado Ventana

O autor deste cadro chámase Alejandro González Pascual. Naceu na Coruña no ano 1930, poucos anos antes do estoupido da Guerra Civil española. Moi novo mudouse coa súa familia ás localidades de Ferrol e Xubia, en entornos naturais de bosques e ríos; paisaxes que deixarían moito pouso no futuro artista. De volta na Coruña en 1944, Alejandro formarase na Escola de Artes e Oficios; simultaneando os estudos co traballo na empresa familiar. A súa primeira exposición terá lugar nunha galería coruñesa no ano 1954.

A exaltación que sinte ante a natureza convertirá a paisaxe no instrumento expresivo principal da súa obra. En 1963, xa casado coa súa compañeira de vida Blanca Docampo, constrúe unha pequena casa xunto ao río Mera. Neste lugar creará un estudo no que representará bosques, árbores, plantas e troncos en fondos escuros, cheos de sombras e obxectos fortemente iluminados. As composicións dos seus cadros faranse cada vez máis sinxelas, dándolle enorme importancia aos poucos elementos representados. Esta tendencia levarállo a desenvolver o bodegón ou natureza morta; cadros onde vemos obxectos representados en interiores, recreando espazos cheos de luz e reducindo a pintura ao debuxo esencial de manteis, pratos, vasos ou froitas.

A partir dos anos 70 do s. XX, González Pascual centra o seu interese en temas íntimos, dedicándose de cheo ao estudo das naturezas mortas ou dos interiores (como lle chamaba el a este xénero da pintura). Deste xeito os obxectos da vida cotiá serán os protagonistas dos seus cadros de madurez.

En Ventana observamos un cadro cunha composición moi sinxela e frontal. O autor dispón unha mesa cunha maceta con plantas, aparentemente begonias, centradas fronte a unha fiestra. Aínda que as contras desta fiestra están abertas, non podemos ver o que hai ao outro lado xa que unha cortina filtra a luz do exterior.

A gama cromática empregada polo artista é moi limitada, con ocres, brancos e grises (paleta moi recurrente na súa pintura). A única nota de cor a da as follas de cor berenxena da planta. O máis salientable do cadro é o emprego da luz, que semella ser a protagonista da obra.

Pero hai outros artistas que pintan ventás: 

                                    Ventá aberta de Matisse                             Els Colomins de Picasso

A palabra “ventá” provén do latín ventus, facendo referencia á ventilación que proporciona. As primeiras ventás foron simples ocos na parede (sen cristal) coa función de ventilar e osixenar os fogares. Tal e como as coñecemos, son algo propio da cultura occidental; noutros lugares do mundo os fogares teñen fiestras moi pequenas, ou incluso non teñen.

Na Historia da pintura, houbo varios artistas que representaron a ventá como o tema principal das súas obras. A partires do s. XX a ventá foi para as vangardas artísticas un tema interesante; tratábase case dun cadro dentro dun cadro, xa que unha fiestra enmarca unha paisaxe que estamos a ver.

Durante o confinamento que vivimos naqueles extraños meses do 2020, as fiestras convertíronse en todo un símbolo. Naquelas semanas nas que non podiamos saír da casa, ollar pola ventá era o único contacto que tiñamos co exterior.

Este contacto co exterior a través das fiestras causou que se falara moito do espazo doméstico. Non todo o mundo ten fiestras con vistas agradables; non é o mesmo a vista que temos desde unha casa de aldea que desde unha casa no centro dunha cidade con moita poboación. 

ACTIVIDADE 1: O QUE ME GUSTARÍA VER A TRAVÉS DA VENTÁ

Analizaremos as fiestras que hai na vosa vivenda e o que se ve a través delas. Escolleremos unha fiestra da casa e tomaremos unha foto da mesma. Faremos unha breve descripción do que vemos a través dela.

ACTIVIDADE 2: A NOSA FIESTRA IDEAL

A continuación faremos un debuxo da nosa “fiestra ideal”; debuxando non unha fiestra coa cortina pechada como no cadro de Alejandro Gonzalez Pascual; senón unha fiestra aberta co que nos gustaría ver a través dela, como fixeron Picasso e Matisse.

24 DE OUTUBRO, MOITO QUE CELEBRAR en 2ºB

O 24 de outubro marca duas conmemoracións ao menos, moi importantes na nosas vidas:

  • DIA DAS BIBLIOTECAS, un lugar onde toda a Comunidade Educativa podemos disfrutar, imaxinar, crear, sentir... miles de historias que aparecen nos libros

   

  • DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO, pola procura da concienciación acerca desta problemática: accións humanas en contra da saúde do noso planeta Terra: subida da temperatura (desxeo), subida do nivel do mar (moitas cidades costeiras desaparecerán), deforestación (tala de árbores desmesurada por intereses económicos), chuvia ácida... Todo isto traballámolo na clase, con vídeos, con debuxos e con explicacións adaptadas a nosa idade.

  Queremos ser adultos comprometidos como medio ambiente e co coidado do planeta Terra polo que fixemos un estudo de materiais degradables, o tempo que tardan en biodegradarse...polo que tomamos a decisión de empregar bolsas de papel, cartón ou tea e reciclalas o maior número de veces para disminuir a cantidade de lixo.

   Atrevémonos a deseñar as nosas propias bolsas:

       

 

Powered by Drupal - Design by artinet