2º Curso

SEGUNDA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa chegou o segundo mochileiro de 2ºB, Miguel, do destino elexido, esta vez RUSIA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

 

Cantas cousas aprendemos deste país!

 

PLAN ESCRITOR: ACRÓSTICOS

Dentro do Plan Escritor e dentro do Obradoiro de creación de textos, elaboramos ACRÓSTICOS cos nosos nomes:

   

PRIMEIRA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2º EP

  Hoxe xa chegou o primeiro traballo dunha mochileira de 2ºB, Carla sobre o seu país elexido:  FRANCIAdentro do proxecto de aula MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

  

Un traballo de dez e unha exposición na aula moi detallada e clara sobre este pais co seu Lapbook en fieltro.

Noraboa Carla polo teu traballo e implicación xunto coa tua familia!

DÍA MUNDIAL DA TOLERANCIA EN 2ºEP, 16 de novembro

No 2º nivel de EP educamos para a Tolerancia, en defensa dos Dereitos Humanos Universais, confirmamos o noso compromiso de “poñer muro” en todos os camiños nos que o odio, a discriminación e a intolerancia queiran penetrar, sobre todo nas Redes Sociais e Internet, que é a súa maior vía, a través da defensa dos valores democráticos e da Educación para a Tolerancia e os Dereitos Humanos.

Os nenos e nenas de segundo nivel de educación primaria participaron nunha actividade moi motivadora: “O atrapasoños da Tolerancia”. Cada neno ou nena elaborou para a súa tira mans con mensaxes e debuxos.

SEGUNDA ACTIVIDADE DA SEMANA DA CIENCIA EN 2º EP

A auga camiña é unha experiencia un tanto científica para demostrar que coa mestura de  cores primarios podemos obter as secundarios. Só necesitamos vasos transparentes de cristal, servilletas de papel absorbente, auga e colorantes alimentarios de cores primarios: amarelo, cian e maxenta. 

  

Plantexado o experimento xorden numerosas hipóteses que chegarán a demostrarse ou non!

 

A auga móvese dun vaso a outro pola forza intermolecular e para igualar a tensión superficial pasando dun vaso a outro, e co colorante vese como nese movemento hai unha mestura de cores primarios. este fenómeno coñécese co nome de capilaridade.

 

SEGUNDA ACTIVIDADE DA SEMANA DA CIENCIA en 2º EP

Hoxe , día 14 de novembro , conmemórase o DIA MUNDIAL DA DIABETES co seguinte lema 

e por iso incluímola na programación da SEMANA DA CIENCIA, dado que a ciencia e os seus avances axudan a mellorar a calidade da vida das personas afectadas.

Imos ter a sorte de ver en directo a unha doutura moi especial que nos vai falar desta doenza ou enfermidade:

PRIMEIRA ACTIVIDADE DA SEMANA DA CIENCIA no 2º nivel de EP

Construir moléculas, a partires de átomos, que a súa vez están divididas en partículas infinitamente diminutas e indivisibles. Imos a ser QUÍMICOS e QUÍMICAS, onde imos a investigar e probar difrentes estructuras moleculares usando diferentaes atómos que aparecen reflexados nesta tabla periódica:

Foi unha sesión moi interesante, vimos un vídeo explicativo facendo un pouco de historia dende Demócrito ata hoxe en día. E logo a posta en práctica do aprendido: átomos, enlaces, moléculas, materia, estructuras...

E os resultados:

         

 

 

PROXECTO COMPETENCIAL DE SEGUNDO NIVEL DE EP

Outra sesión do proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde xa plantamos e preparamos o horto da ula, grazas a axuda de Alberto, o conserxe.

Tamén deseñamos e personalizamos as macetas de plantar para obter plantas e investigar sobre cales son as mellores condicións e os coidados que necesitan estes seres vivos!

 

 

SEMANA DA CIENCIA en 2º EP

Un ano mais, e como xa ven sendo de costume,  en segundo de primaria organizamos a SEMANA DA CIENCIA,  para pór de manifesto que a ciencia pode estar a favor da paz, sobre todo nestes momentos de tanta belicidade e,  como non, destacar as aportacions femininas a este campo tan masculino, non fai moito tempo.              

Onte, día 10 foi o Día Mundial da Ciencia para a paz: Innovación pacífica polo que traballaremos neste eido e outros mais, seguindo a proposta da UNESCO para o 2023:

 A súa finalidade é renovar o compromiso, tanto a nivel nacional como internacional, a prol da ciencia para a paz e o desenvolvemento, e facer fincapé no uso responsable da ciencia en beneficio das sociedades, en particular, para a erradicación da pobreza. O Día Mundial tamén pretende sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da ciencia e salvar a brecha entre a ciencia e a sociedade.

Ademais Poski Ventanín xa está preparada no seu laboratorio. Xa mercou todo o necesario, ata unha bata branca de científica total!

DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA, OBRADOIRO EN LIÑA co CGAC en 2ºEP

O Centro Galego de Arte Contemporáneo organiza uns obradoiros tanto presenciais como en liña para achegar ao alumnado á Arte Contemporánea. Nós, o alumnado de segundo nivel desta vez eleximos un obradoiro en liña, por iso de ter novas experiencias: DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA.

Foi fabulosa a experiencia levada da man de Sara, a educadora do museo. Empezamos como se fora unha viaxe en avión, onde aterramos no teito do museo 8 unha reproducción das rúas de Compostela). Dende ali ao baixar do avión poidemos ver a diferencia de construcción do CGAC e do Museo do Pobo Galego, dous edificios contiguos e que xa tivemos a sorte de visitar o curso pasado gracias ao Proxecto Terra, pero moi diferentes.

Xa nas diferentes salas vemos que os espazos deste museo énchense de diferentes obras e estilos: nas paredes, no chan, nos teitos, enchendo toda a habitación, con música, creando ambientes... Tivemos a grande sorte de ver difreentes obras de Arte Contemporáneo, moi diferentes e impresionantes. Tamén vimos como os cadros nos falan coas cores, coas texturas, cos cheiros, cos sabores ...

 A obra que mais nos chamou a atención foi a escultura dun inodoro con tecidos e un ambiente con luces de moitas cores, aínda que para gusto cores, xa que cada alumno/a decía a súa preferida e non sempre se coincide.

No obradoiro ademáis de información sobre este concepto tamén fixemos as nosas propias obras artísticas contemporáneas cun lapis imaxinario, coas mans imaxinarias, escoitando música...uns verdadeiros artistas contemporáneos!

 

 2ºB                                                           2ºA

Algunhas das obras estudadas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet