"O corazón está do teu lado"

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, trouxo ao CEIP de Arzúa a campaña "O corazón está do teu lado" para os nenos e nenas de primeiro e segundo de Primaria. Participaron dun xeito moi divertido na formación en materia de seguridade viaria.

Latexo acompañounos nesta aventura de caminar seguros e facer un percorrido divertido e educativo, adquirindo  os coñecementos e hábitos para desprazarse con seguridade ao longo dunha estrada nunha zona rural. Aprenden a desenvolverse como peóns, coñecen os elementos que concorren na circulación e os riscos que poden presentarse, axudando na prevención de accidentes. 

Esta mascota tamén lles trouxo algún agasallo... Un libro chulísimo que lles axudará na concienciación da importancia das sendas peonís, camiñar sempre pola marxe esquerda da estrada ou de facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía e así evitar accidentes. Para isto, Latexo tamén lles agasallou con chapas reflectoras, que poden levar na chaqueta cando van ao cole camiñando ou en calquera momento que transiten preto dunha estrada. 

De seguro que os nenos van recordar o que lles dixo Latexo:

                Camiña sempre polo lado do corazón!!! 

 

Pincha aquí para ver máis información.

CHIQUITECTOS E CHIQUITECTAS no 2º NIVEL DE EP ...Un mergullo o mundo da arquitectura!

Para comenzar con este proxecto imos de excursión a Santiago, á Cidade da Cultura, para asistir a un taller ARGALLAR, este mércores e continuaremos con actividades na clase.

Se tedes curiosidade en todo o traballo que estamos a facer, preme na seguinte imaxe, onde todo empezou!  


                

ASIGNACIÓN DE AUXILIAR DE CONVERSA PARA O CURSO 2019-2020

No curso 2019-2020 temos asignado un Auxiliar de Conversa, compartido co IES de Arzúa, durante 16 horas semanais (4 horas máis que o curso pasado), que comezará a súa labor o 1 de outubro de 2019 e rematará o 31 de maio de 2020.

III EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO ORGANIZADO POR AECA

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) vén de convocar a III Edición do Concurso de Debuxo en colaboración co CEIP de Arzúa.

Os gañadores desta Edición foron:

- Paula Ponte Martínez, de 1º de primaria.

- Raúl Veleiro Torres, de 5º de primaria.

Noraboa aos dous!

 

 

   

 

PREMIO DO CONCURSO DE DEBUXO RAEE

O alumnado de 6º de Educación Infantil vén de participar nun concurso de debuxo para concienciar aos nenos e nenas sobre a reciclaxe dos aparellos electrónicos, convocado pola Consellería de Medio Ambiente, para incidir na importancia de realizar un correcto reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)  tanto para garantir a saúde do planeta como pola nosa propia saúde.

O obxectivo desta campaña de sensibilización, posta en marcha da man de "Os Bolechas", é educar e fomentar entre as novas xeracións os hábitos relacionados coa recuperación destes residuos.

Con este fin, os populares personaxes infantís convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos): EcoCarlos, EcoPili, EcoLoli, EcoBraulio, EcoSonia e EcoTatá.

E debérono facer moi moi ben porque obtiveron premio! Un ordenador portátil para a aula. 

 

Noraboa aos nenos/nenas e tamén á profe por fomentar este tipo de iniciativas.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO-Listaxe provisional de admitidos

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO-Listaxe provisional de excluídos

Para reclamacións: nos dous días seguintes á publicación das listaxes provisionais.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018-2019

O venres, 21 de xuño celebramos o ansiado Festival de Fin de Curso!

Foi un día cheo de emoción e nervios. Quixemos despedirnos deste curso escolar con moita alegría, e que mellor maneira de facelo, que con música, baile e diversión!

                                 

Comezamos polos máis pequechos, os nenos e nenas de Educación Infantil que bailaron ao son de Vacas Lobotómicas.

                             

Os rapaces e rapazas de 1º bailaron un remix tradicional – moderno moi divertido!: "Danza galega", "Marcha, marcha", "Babyshark", "Calma" e "Vivir la vida".

                                                         

Os nenos e nenas de 2º deleitáronnos coa coreografía de "Madre Tierra".

Logo, tocoulle o turno aos rapaces e rapazas de 3º, que interpretaron "La venda".

                                                    

Os nenos e nenas de 4º bailaron "Tu cintura".

                                                 

Os rapaces e rapazas de 5º interpretaron un remix moi moderno: "New rules", "Happier", "We will rock you".

           

O alumnado de 6º, bailou un remix moi divertido e orixinal: "No importa que llueva", "Bajo el mismo sol".

                                                       

Para finalizar, demos paso á entrega das orlas ao alumnado de 6º para que leven un recordo dos seus compañeiros, compañeiras, mestres e mestras que os acompañaros nesta andaina.

E como peche do acto, o noso mestre Iván, acompañado dalgúns nenos dedicáronlle unha peza musical a todos os nenos e nenas de 6º.

 

Pasámolo xenial rodeados de todos os nosos compañeiros e compañeiras, mestres e mestras, e a compañía de familiares e amigos. Grazas a todos e a todas por facer posible que despedísemos da mellor maneira este curso escolar 2018-2019!

 

"As pontes unen; educar é unir"

Feliz verán!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRAZAS, EQUIPO DE VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca escolar do CEIP de Arzúa quere agradecerlle aos voluntarios e voluntarias a súa colaboración nun mellor funcionamento e organización da nosa biblioteca. Trátase dun grupo de 20 nenos e nenas que participaron nun programa denominado Bibliotecas Escolares Solidarias, unha iniciativa de voluntariado cultural relacionada coas bibliotecas e a lectura. Consideramos que é moi importante a formación do noso alumnado en actitudes solidarias e de compromiso co seu entorno máis próximo.

Este grupo de colaboradores comezou a axudar na Biblioteca no mes de novembro, seguindo un calendario de quendas e en parellas, durante os 30 minutos diarios do recreo.

Levaron a cabo múltiples actividades:

- Supervisaron a colocación dos libros nos andéis.

- Fixeron préstamos e tomaron nota das devolucións dos libros.

- Axudaron ao resto do alumnado que o solicitou a buscar os libros que precisaban.

- Forraron libros, pegaron teselas...

- Vixiaron as zonas de ordenadores e xogos.

- Contáronlle contos ao alumando de E. Infantil. Por certo, unha actividade das que máis traballo lles deu, pero da que máis desfrutaron tanto eles como os nosos pequenos e pequenas.

- Participaron co resto dos compañeiros e compañeiras de 4º, 5º e 6º no "Comparticontos", unha actividade de longa tradición no noso centro con motivo da conmemoración do Día do Libro e da que gozan maiores e pequenos.

- Realizaron tamén unha actividade que chamamos "Os libros saen ao sol" que consiste en sacar os libros ao patio e ofrecérllelos ao alumnado que queira gozar do pracer de ler ao aire libre. Esta actividade non a puidemos desfrutar moito, pois as circunstancias climatolóxicas non foron favorables.

Grazas querido alumnado colaborador polo voso labor xeneroso e altruista. Esperamos que fose tamén para vos un traballo gratificante á par que formativo cultural e actitudinalmente.

Aquí vos queda unha pequena reportaxe gráfica desta fermosa experiencia e desexamos que pasedes un "Feliz Verán".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todo esforzo ten a súa recompensa. Os voluntarios e voluntarias celebraron o peche das súas actividades de colaboración coa biblioteca escolar durante o curso 2018-19, recibiron un diploma oficial como participantes no programa "Voluntariado de lectura - A" e foron agasallados con esta colorida camiseta que os identifica como tales. Noraboa a todas e todos.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet