O venres, 21 de xuño celebramos o ansiado Festival de Fin de Curso!
Foi un día cheo de emoción e nervios. Quixemos despedirnos deste curso escolar con moita alegría, e que mellor maneira de facelo, que con música, baile e diversión!
Comezamos polos máis pequechos, os nenos e nenas de Educación Infantil que bailaron ao son de Vacas Lobotómicas.
Os rapaces e rapazas de 1º bailaron un remix tradicional – moderno moi divertido!: "Danza galega", "Marcha, marcha", "Babyshark", "Calma" e "Vivir la vida".
Os nenos e nenas de 2º deleitáronnos coa coreografía de "Madre Tierra".
Logo, tocoulle o turno aos rapaces e rapazas de 3º, que interpretaron "La venda".
Os nenos e nenas de 4º bailaron "Tu cintura".
Os rapaces e rapazas de 5º interpretaron un remix moi moderno: "New rules", "Happier", "We will rock you".
O alumnado de 6º, bailou un remix moi divertido e orixinal: "No importa que llueva", "Bajo el mismo sol".
Para finalizar, demos paso á entrega das orlas ao alumnado de 6º para que leven un recordo dos seus compañeiros, compañeiras, mestres e mestras que os acompañaros nesta andaina.
E como peche do acto, o noso mestre Iván, acompañado dalgúns nenos dedicáronlle unha peza musical a todos os nenos e nenas de 6º.
Pasámolo xenial rodeados de todos os nosos compañeiros e compañeiras, mestres e mestras, e a compañía de familiares e amigos. Grazas a todos e a todas por facer posible que despedísemos da mellor maneira este curso escolar 2018-2019!
"As pontes unen; educar é unir"
Feliz verán!