"O corazón está do teu lado"

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, trouxo ao CEIP de Arzúa a campaña "O corazón está do teu lado" para os nenos e nenas de primeiro e segundo de Primaria. Participaron dun xeito moi divertido na formación en materia de seguridade viaria.

Latexo acompañounos nesta aventura de caminar seguros e facer un percorrido divertido e educativo, adquirindo  os coñecementos e hábitos para desprazarse con seguridade ao longo dunha estrada nunha zona rural. Aprenden a desenvolverse como peóns, coñecen os elementos que concorren na circulación e os riscos que poden presentarse, axudando na prevención de accidentes. 

Esta mascota tamén lles trouxo algún agasallo... Un libro chulísimo que lles axudará na concienciación da importancia das sendas peonís, camiñar sempre pola marxe esquerda da estrada ou de facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía e así evitar accidentes. Para isto, Latexo tamén lles agasallou con chapas reflectoras, que poden levar na chaqueta cando van ao cole camiñando ou en calquera momento que transiten preto dunha estrada. 

De seguro que os nenos van recordar o que lles dixo Latexo:

                Camiña sempre polo lado do corazón!!! 

 

Pincha aquí para ver máis información.

Powered by Drupal - Design by artinet