ENCONTRO COA ESCRITORA GLORIA SÁNCHEZ

Hoxe o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria tivo un encontro coa escritora arousana Gloria Sánchez despois de teren lido o seu libro “Noé e Gato fan teatro”. Un libro que inclúe dúas historias: a de Noé, que por unha fenda do tempo, irrompe nas nosas augas coa súa arca chea de animaliños. E, outra historia: a do gato dunha casa na que vive un neno moi rebuldeiro. Gloria contoulles que para escribir este libro se inspirou por un lado, na historia bíblica de Noé, que lle gustou desde nena; e por outro, no seu gato Simón. As nenas e os nenos dixéronlle que, para eles, a historia máis divertida e coa que máis riron lendo o libro foi a de “Gato”.

Logo fixéronlle preguntas sobre a súa traxectoria literaria e contoulles que leva escritos máis de 35 libros, sendo o primeiro “ Rimas con letra”, un libro de 1991, do que, por certo,  na nosa biblioteca hai unha primeira edición que ilusionou moito á escritora.

Tamén cantaron e bailaron con Gloria.

Foi un encontro moi cercano do que escritora e lectores desfrutaron moito. Dámoslle as grazas a Gloria Sánchez pola súa amabilidade e cercanía, e quedamos a espera de recibir os exemplares desta obra firmados pola autora e que con tanta ilusión agardan os nosos rapaces e rapazas.

 

 

 

 

 

 

 

ROSALÍA NOS XARDÍNS DE ARZÚA

O EDLG vén de propoñer a realización dunha serie de actividades para facer ao longo do mes de febreiro co obxectivo de enxalzar a figura da nosa escritora Rosalía de Castro, que contan con moi boa acollida por parte de todo o profesorado do centro. 

Unha destas actividades consiste en sacar os poemas de Rosalía á rúa. A actividade realizada en colaboración co concello de Arzúa e na que tamén participou o alumnado de FP Básica do IES de Arzúa, materializouse hoxe cando colocamos os paneis nos xardíns da vila.

Cada titoría de E. Primaria preparou un panel cun poema de Rosalía de Castro. Desexamos que a xente da vila poida gozar lendo un anaquiño da obra desta marabillosa escritora, que nós deixamos ao pé das árbores que hai preto do parque infantil. 

Grazas ao Concello por acoller tan ben a nosa proposta e proporcionarnos todo o material necesario para poñela en práctica e ao IES de Arzúa por sumarse a ela!!

 

   

  

  

  

 

ADMISIÓN 2020

A Igualdade a través da Robótica

 

A través da Robótica tamén se traballa a igualdade. Vimos de adquirir para o centro un panel

baseado no libro: ELLAS CUENTAN (mulleres e nenas que cambiaron o mundo). Os nenos e nenas poderán ir coñecendo a estas mulleres dun xeito atractivo e lúdico.

 

 

SAÍDA AO CINE NUMAX DO ALUMNADO DE 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída o pasado venres, 31 de xaneiro aos cines Numax en Santiago de Compostela para ver a película "Todas as mulleres que coñezo", a cal forma parte da carteleira ofertada pola Consellería de Educación a todos os centros que forman parte do Plan de Igualdade.

                 

Neste documental a súa directora, Xiana do Teixeiro, achéganos as vivencias que mulleres de diferentes idades tiveron na rúa e o medo que chegaron a sentir.

En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo e un discurso sobre a violencia que non resulte violento.

                

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL: "EL SEÑOR GUERRA Y LA SEÑORA PAZ".

Un grupo de nenas e nenos colaboradores voluntarios da Biblioteca escolar, con motivo da celebración da Xornada escolar da Paz quixeron preparar a representación e narración dun conto para o alumnado de E. Infantil que tratase precisamente esta temática. O conto escollido foi “El señor Guerra y la señora Paz”. O señor Guerra vivía nun outeiro onde sempre chovía e tronaba. Tiña unha mansión que caía a anacos e poucas veces saía da casa, se non era para berrarlle ao tendeiro que lle levaba a comida. Pero un día, alugouse a casiña do lado. E alí foi a vivir a señora Paz. Ela transformou a triste e gris vida do señor Guerra nunha vida feliz, solidaria, respectuosa e amable con todas as persoas. Unha historia que defende a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto e a paz. Actitudes importantes para lembrar o 30 de xaneiro e para poñer en práctica os 365 días do ano. 

Foi unha  actividade enriquecedora, divertida e gratificante da que gozaron tanto os maiores coma os máis pequenos do cole. Grazas a todos e todas. 

 

 

 

 

 

 

 

LIBROS POLA PAZ

Con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz, que se celebra cada ano o 30 de xaneiro, quixemos exponer nun lugar destacado da nosa biblioteca libros que tratan esta temática. Algúns destos títulos formaban parte xa dos nosos fondos bibliográficos e outros son novidades. Trátase dun material que permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenrolo como cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos de outras persoas. Como dicía Nelson Mandela “ A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo”.

Títulos como: -O carteiro de Bagdag.

                         -El cielo de Afganistán.

                         -O país dos mandóns.

                         -A casa grande.

                         -El señor Guerra y la señora Paz.

                         -Cachorros, cachorros.

                         -A manchas ou a raias?

                         -La Paloma de la Paz.

                         -La paloma Mari Paz.

                                                       (…)

Están a disposición de toda a comunidade educativa no recuncho da biblioteca habilitado para tal fin.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Un ano máis conmemoramos todos xuntos e xuntas o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Neste día, 30 de xaneiro, celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a paz.

Foron moitas as mulleres e os homes que loitaron pola Paz universal. E neste día, os colexios convertémos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Nós aportarmos o noso gran de area. Durante toda a semana estivemos traballando e concienciándonos sobre o tema e fixemos en común o mural que leva por título: "Todas as mans son necesarias" porque só conseguiremos a Paz se traballamos todos unidos e unidas. O alumnado de Educación Infantil estampou as súas mans na silueta dunha gran pomba, símbolo da Paz, e o alumnado de Educación Primaria encheu o mural con mensaxes cheas de ilusión, bos propósitos e esperanza.

                   

                                

Ademais, enchemos os corredores e aulas do noso colexio cuns móbiles de pombas que quedaron así de bonitos:

                    

 

Hoxe, 30 de xaneiro, fixemos un acto conmemorativo no que lemos o noso Manifesto pola Paz 2020. Centrámonos no tema da igualdade e a sustentabilidade da Terra, dous temas que nos preocupan e cos cales estamos moi concienciados e concienciadas.

 

                                       

 

Pero, ademais, vimos unha curtametraxe titulada "El señor Guerra y la señora Paz", e despedimos o acto cantando todos xuntos e xuntas a canción de Mamá Cabra " O mundo é grande". Pasámolo xenial!

 

                                       

Simulacro de Evacuación

O mércores 29 de xaneiro tivo lugar no CEIP de Arzúa o "Simulacro de evacuación", co cal se implantou o novo Plan de Autoprotección.

 

I OLIMPÍADAS PONTELLAS

Nenos e nenas do CEIP de Arzúa participaron o mércores día 15 nas olimpíadas infantís, na Cidade da Cultura de Santiago, con motivo do Programa de Televisión de Galicia "Aquelando", espazo adicado á divulgación científica e experimentos infantís. Nesta tempada adican un programa de "Estructuras, no que coa axuda da Escola de Camiños da Universidade de Coruña realizan estas olimpíadas, onde Celia, Simón, Erlantz e Antón ( Os Tiburóns Azuis) crearon a estructura da Ponte de Da Vinci.

 

Noraboa!

Powered by Drupal - Design by artinet