SESIÓN DE CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL: "EL SEÑOR GUERRA Y LA SEÑORA PAZ".

Un grupo de nenas e nenos colaboradores voluntarios da Biblioteca escolar, con motivo da celebración da Xornada escolar da Paz quixeron preparar a representación e narración dun conto para o alumnado de E. Infantil que tratase precisamente esta temática. O conto escollido foi “El señor Guerra y la señora Paz”. O señor Guerra vivía nun outeiro onde sempre chovía e tronaba. Tiña unha mansión que caía a anacos e poucas veces saía da casa, se non era para berrarlle ao tendeiro que lle levaba a comida. Pero un día, alugouse a casiña do lado. E alí foi a vivir a señora Paz. Ela transformou a triste e gris vida do señor Guerra nunha vida feliz, solidaria, respectuosa e amable con todas as persoas. Unha historia que defende a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto e a paz. Actitudes importantes para lembrar o 30 de xaneiro e para poñer en práctica os 365 días do ano. 

Foi unha  actividade enriquecedora, divertida e gratificante da que gozaron tanto os maiores coma os máis pequenos do cole. Grazas a todos e todas. 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet