Un ano máis conmemoramos todos xuntos e xuntas o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Neste día, 30 de xaneiro, celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a paz.
Foron moitas as mulleres e os homes que loitaron pola Paz universal. E neste día, os colexios convertémos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Nós aportarmos o noso gran de area. Durante toda a semana estivemos traballando e concienciándonos sobre o tema e fixemos en común o mural que leva por título: "Todas as mans son necesarias" porque só conseguiremos a Paz se traballamos todos unidos e unidas. O alumnado de Educación Infantil estampou as súas mans na silueta dunha gran pomba, símbolo da Paz, e o alumnado de Educación Primaria encheu o mural con mensaxes cheas de ilusión, bos propósitos e esperanza.
Ademais, enchemos os corredores e aulas do noso colexio cuns móbiles de pombas que quedaron así de bonitos:
Hoxe, 30 de xaneiro, fixemos un acto conmemorativo no que lemos o noso Manifesto pola Paz 2020. Centrámonos no tema da igualdade e a sustentabilidade da Terra, dous temas que nos preocupan e cos cales estamos moi concienciados e concienciadas.
Pero, ademais, vimos unha curtametraxe titulada "El señor Guerra y la señora Paz", e despedimos o acto cantando todos xuntos e xuntas a canción de Mamá Cabra " O mundo é grande". Pasámolo xenial!