6º E.PRIMARIA VISITA O MUSEO DO POBO GALEGO E O CASCO ANTIGO DE SANTIAGO

O día 8 de abril, o alumnado de 6º E. Primaria visitou o Museo do Pobo Galego e o casco antigo de Santiago de Compostela. Esta é unha pequena reportaxe desta viaxe que fixemos. 

 PREME AQUÍ

O NOSO ROCÓDROMO

Os nenos e nenas disfrutan do rocódromo instalado no patio de Infantil!!!

O rocódromo permítelles desenvolver habilidades psicomotoras. Un bo exercicio para entrenar a coordinación e as habilidades motoras, tanto finas como grosas; ademais é unha forma de gañar equilibrio, flexibilidade e resistencia, ao mesmo tempo que axuda a fortalecer e tonificar os músculos. Require moita enerxía e esforzo físico, polo que tamén é bo para manter a nosa saúde física.

Un equipamento que facilita a igualdade entre xéneros no patio escolar, pois non coñece idades nin sexo, facilitando a participación de todos e todas, permitindo  traballar aspectos tanto físicos como conductuais.

Desenvolve tamén as funcións cognitivas e proporciona beneficios a nivel emocional, xa que fortalece a autoestima e autoconfianza, fomenta o autocontrol e mellora a tolerancia á frustración.

É unha boa maneira de liberar o exceso de enerxía, aliviar as tensións e controlar o estrés.

 

SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON VICKY

Hoxe, o alumnado de 2º, 3º, 4º , 5º e 6º de E. Primaria participou nunha sesión de animación á lectura, no salón de actos do noso centro. 

A sesión co  alumnado de 4º E. Primaria xirou arredor do libro “O xeito das froitas” de María Reimóndez. Vicky fixo unha dramatización de diferentes capítulos do libro. Chegaron á conclusión de que as persoas deberían vivir coma froitas; comer san, vivir en contacto coa natureza, reciclar…

   

  

 

O alumnado de 5º e 6º E.Primaria representou varias escenas do libro “Hilario e os tres medos” de Xoán Babarro. O caxato da señora Lola cobrou vida na man dos nenos e nenas que deixaron voar a súa imaxinación e o converteron en moitos obxectos variados. Tamén Vicky puido representar coa axuda deles e delas un par de contos de Roald Dahl do seu libro "Contos en verso para nenos perversos", que gozou de moi boa acollida entre o alumnado.

Por último, as nenas e nenos de 2º e 3º de E. Primaria representaron dunha maneira moi divertida a historia do conto "A vaca dixo mua" de Gloria Sánchez. Ao final da sesión, centráronse no conto lido e traballado na aula "O elefante perdeu a memoria" de Oli. Representaron a todos os animais que aparecen no mesmo. 

  

  

Foi unha sesión de animación á lectura moi divertida!!

XOSÉ ZAPATA VISITA O NOSO COLEXIO

Hoxe Xosé Zapata, gañador do Premio Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, visitou o noso centro. 

O alumnado de 4º e 5º de E. Primaria fixo con el un percorrido pola historia do cine. Contounos que en 1895 inventouse esta arte de rexistrar fotografías e proxectalas nunha pantalla como imaxes en movemento. Aprendemos que o que estamos a ver nas imaxes é unha ilusión óptica e que para ver unha imaxe en movemento necesitamos, como mínimo, 24 fotogramas por segundo; polo que para 1 min de gravación precisamos 144O. Unha curtametraxe pode necesitar uns 20.000 fotogramas. Imaxinade o traballo que hai detrás!!

Tamén nos aclarou por que a academia do cine lle puxo o nome de Goya aos seus premios, se este señor foi un pintor. A resposta é porque os seus cadros contan tamén unha historia, só que el utiliza un só fotograma. 

  

  

 

As nenas e nenos de 4º E. Primaria fixeron estes retratos de Xosé Zapata.

 PREME AQUÍ

Ao alumnado de 6º E. Primaria proxectoulles a curtametraxe "The Monkey" e despois analizou distintos aspectos da mesma. O argumento deulle pé para falar de moitos temas, expor algún que outro dilema e facer unha pequena reflexión sobre o racismo.

Cando rematamos, fixemos unha foto con el e co Goya!!

  

Pasámolo xenial e agasallounos cun flipbook da curtametraxe "The Monkey", onde nos firmou a todas e a todos un autógrafo.

Queremos darlle as grazas a Xosé Zapata por compartir este premio con nós e transmitirnos o amor que sente polo marabilloso mundo do cine!!

NAVEGANDO POLO UNIVERSO

O pasado venres, 25 de marzo os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de asistir á actividade “Navegando polo Universo”. No propio colexio instalouse un planetario móvil onde os escolares tiveron a sorte de facer unha viaxe polo espazo e o tempo descubrindo o maravilloso mundo do Astronomía.

Este planetario recreou con total precisión o ceo nocturno desde calquer lugar da Terra e a visión do Universo desde calquer lugar do espazo.

Descubrimos entre outros conceptos: a orixe e historia da Astronomía, o Universo e a Vía Láctea,  o Sol e a vida na Terra, o Sistema Solar e os movementos da Terra e da Lúa.

Unha actividade fantástica!

 

                   

 

                                               

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado luns, 21 de marzo tivemos a sorte de asistir no noso colexio a un Taller de Primeiros Auxilios. Asistiron a esta sesión todas as aulas, polo que todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de facer as prácticas.

Unha sanitaria (mamá dun alumno do cole) e o seu compañeiro de traballo explicáronnos cales eran os pasos a seguir en caso de atoparnos nunha situación de urxencia na que haxa que chamar aos servizos médicos. Aprendemos cal é o número de teléfono, o 112, e dunha maneira moi lúdica tamén soubemos  que facer no caso de  atoparnos nunha situación así.

O máis importante se unha persoa perde o coñecemento é facerlle a reanimación cardiopulmonar (RCP) ata que veña a ambulancia e tivemos a sorte de poder practicalo nun maniquí que eles mesmos trouxeron onde se fan as prácticas.

Os máis cativos e cativas, fixeron estas prácticas nos seus propios bonecos ou peluches que trouxeron da súa casa. Foi unha experiencia fantástica onde aprendemos moitas cousas verdadeiramente interesantes e imprescindibles!

Moitas gracias a estes dous sanitarios por facelo posible e desinteresadamente.

                                             

                                                                  

USO DA MÁSCARA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA DA MULLER conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e a igualdade co home.

Os nenos e nenas do CEIP de Arzúa traballamos esta conmemoración a través da figura da artista afgá SHAMSIA HASANNI. Ela é a grafiteira e artista callejera máis coñecida de Afganistán, famosa pola súa audaz maneira de dar voz ás mulleres do seu país.

A obra desta artista céntrase en diversos temas como a guerra e a situación da muller, intentando darlle a esta unha cara de poder, ambición e vontade para alcanzar as súas metas.

Fixemos un mural colectivo onde cada aula ilustrou e lle puxo un lema a un dos seus grafitis:

                                

 

 

Ademais, cada aula elaborou estes outros traballos relacionados con esta conmemoración:

 

   

 

                                                

 

  

                                                                      

 

 

 

 

 Vídeo do alumnado de 4 anos

 

 

SEMANA DA PRENSA_2022

No noso colexio estamos celebrando a Semana da Prensa. Coas actividades que se están a facer queremos que o noso alumnado se familiarice coas distintas seccións dun xornal, analice anuncios publicitarios, busque noticias que teñan que ver coa igualdade de xénero, analice unha noticia para subliñar os que, quen, onde, por que, cando e como...

Tamén puxemos en marcha nalgunhas aulas a actividade que leva por título "Crónicas da pandemia". Trátase de que as alumnas e alumnos se transformen por uns intres en xornalistas para informar, en galego, de como está a situación da pandemia neste momento. Nas gravacións, que non deberán superar o minuto de duración, terán que mesturar datos obxectivos que aparecen nas noticias coas súas impresións persoais e os seus sentimentos. 

Para facer as actividades desta semana contamos cos exemplares que nos enviou o xornal "La Voz de Galicia". Estámoslle moi agradecidos pola colaboración prestada.

   

    5º EP

   

 

 

LISTAXE VACANTES CURSO 2022-2023

Xa está publicada a listaxe de postos vacantes para o vindeiro curso 2022-2023

Powered by Drupal - Design by artinet