No noso colexio estamos celebrando a Semana da Prensa. Coas actividades que se están a facer queremos que o noso alumnado se familiarice coas distintas seccións dun xornal, analice anuncios publicitarios, busque noticias que teñan que ver coa igualdade de xénero, analice unha noticia para subliñar os que, quen, onde, por que, cando e como...
Tamén puxemos en marcha nalgunhas aulas a actividade que leva por título "Crónicas da pandemia". Trátase de que as alumnas e alumnos se transformen por uns intres en xornalistas para informar, en galego, de como está a situación da pandemia neste momento. Nas gravacións, que non deberán superar o minuto de duración, terán que mesturar datos obxectivos que aparecen nas noticias coas súas impresións persoais e os seus sentimentos.
Para facer as actividades desta semana contamos cos exemplares que nos enviou o xornal "La Voz de Galicia". Estámoslle moi agradecidos pola colaboración prestada.
5º EP