SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON VICKY

Hoxe, o alumnado de 2º, 3º, 4º , 5º e 6º de E. Primaria participou nunha sesión de animación á lectura, no salón de actos do noso centro. 

A sesión co  alumnado de 4º E. Primaria xirou arredor do libro “O xeito das froitas” de María Reimóndez. Vicky fixo unha dramatización de diferentes capítulos do libro. Chegaron á conclusión de que as persoas deberían vivir coma froitas; comer san, vivir en contacto coa natureza, reciclar…

   

  

 

O alumnado de 5º e 6º E.Primaria representou varias escenas do libro “Hilario e os tres medos” de Xoán Babarro. O caxato da señora Lola cobrou vida na man dos nenos e nenas que deixaron voar a súa imaxinación e o converteron en moitos obxectos variados. Tamén Vicky puido representar coa axuda deles e delas un par de contos de Roald Dahl do seu libro "Contos en verso para nenos perversos", que gozou de moi boa acollida entre o alumnado.

Por último, as nenas e nenos de 2º e 3º de E. Primaria representaron dunha maneira moi divertida a historia do conto "A vaca dixo mua" de Gloria Sánchez. Ao final da sesión, centráronse no conto lido e traballado na aula "O elefante perdeu a memoria" de Oli. Representaron a todos os animais que aparecen no mesmo. 

  

  

Foi unha sesión de animación á lectura moi divertida!!

Powered by Drupal - Design by artinet