Actividades

PARTICIPAMOS NO CONCURSO "FARO DA ESCOLA"

Este curso participamos no concurso "Faro da Escola" que promove o Faro de Vigo en colaboración con diversas empresas e institucións. Traballamos moito para elaborar o noso xornal e recibimos o 3º Premio na categoría de mellor reportaxe.

A entrega de recoñecementos celebrouse o luns 28 de maio nos xardíns do Pazo Quiñones de León, onde estivemos co alumnado dos outros centros participantes.

Unha experiencia que nos esqueceremos!

PROXECTO POBOS INDÍXENAS

Neste enlace tedes a información de TV Redondela

 

 

 

VISITA DO ANTROPÓLOGO FRANCESC BAILÓN PARA FALAR DO POBO INUIT

Hoxe visitounos Francesc Bailón, antropólgo catalán especializado no pobo inuit. Deunos unha charla moi interesante e fixemos xogos típicos dos nenos e nenas inuit. Tamén puidemos tocar e ver algúns obxectos propios do mundo do ártico. Tedes a continuación unha pequena mostra do que fixemos.

 

RADIO PATIO

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e no colexio de Cedeira somos fieis a esta conmemoración, así que, este ano fixemos unha preciosa gravación que inclúe unha canción. Trátase da lectura colectiva do libro "A música da auga" de Anxo Moure e Servando Barreiro e tamén unha canción dese mesmo libro.

Esperamos que vos guste.

Premede no enlace do audio que está ao final.

 

 

No enlace que tede ao final podedes escoitar o audio da gravación do Programa das Letras Galegas 2018 elaborado polo alumnado do colexio.

Que o desfrutedes!

  

Temos aquí a presentación que o alumnado de 6º fixo para participar no concurso escolar da fundación ONCE. Nela xustifican o porque da necesidade de que a escola sexa un lugar de referencia da inclusión.

 

 Nesta ocasión escoitaremos un poema que a alumna de 6º Alexandra Covelo creou para pedir unha escola inclusiva, con motivo da participación no concurso escolar ONCE deste ano. Fixádevos que creatividade nestes versos! Toda unha artista!

 

 A continuación podedes escoitar a entrevista que Mª Jesús, de Radio Redondela, lle fixo a Francesc Bailón, o antropólogo que nos visitou para falarnos do pobo inuit.

O Entroido en Cedeira 2018

O 9 de febreiro os pobos indíxenas invadiron o noso colexio e as rúas do lugar de Cedeira. Había de todo: indios americanos, ticunas, yaguas, sioux, incas, mayas e mesmo inuit. Aquí temos unha mostra do que pasou. Respetounos o tempo e puidemos saír dar o percorrido tradicional polos arredores. Un ano máis o colexio pon a funcionar o seu maxín para facelo o mellor posible.

Grazas a todos e a todas!

 

 

ALUMNAS CREADORAS

Hoxe queremos que escoitedes a poesía que leron os alumnos e alumnas de 6º e que escribiu a nosa compañeira Alexandra (tamén de 6º) para enviar ao concurso escolar da ONCE. Unha verdadeira creación poética. Animádevos a participar coas vosas propias poesías.

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2017

 

Escoitade o programa de radio das Letras Galegas 2017. Este programa está dividido en dúas partes que poderedes escoitar clicando na imaxe.

Agardamos que vos guste!

 

 

XOGOS POPULARES EN CEDEIRA

 

O pasada semana do 8 ao 12 de maio, tivemos no colexio un obradoiro de xogos populares  cedidos en préstamo polo Concello do Grove, que resultou moi interesante e no que participou  todo o alumnado. Fixémolo en 5 sesións durante os recreos por 5 zonas nas que rotaron todos os cursos desenvolvendo as súas habilidades nestes xogos tan interesantes.

A participación do alumnado foi moi alta en todas as sesións e resultou moi chamativo comprobar que durante unha semana eran capaces de pasalo moi ben e de esquecerse dos balóns durante unha semana.

Deixamos unha nova reportaxe de Cedeira TV onde nos explican como resultou o desenvolvemento dos xogos e o ben que o pasaron. Agradecer a todo o alumnado a súa participación e aos reporteiros e reporteiras polo seu magnífico traballo.  

 

ESCOITANDO TEATRO

 

Iníciase unha nova sección: Escoitando teatro, na que iremos subindo as gravacións de pequenas obras de teatro lido, preparadas polo alumnado. Con esta primeira, homenaxeamos a Castelao, que estivo de aniversario o pasado ano 2016.

A obra titúlase: "Os vellos non deben de namorarse". Escoitaredes o primeiro lance da mesma.

 

 

 

VÍDEO: DÍA DE ROSALÍA 2017

O pasado venres 24 de febreiro celebrouse como todos os anos, o día de Rosalía de Castro. Este ano, o lema escollido, foi #Rosalíate, que invitaba a toda a comunidade educativa a caracterizarse como Rosalía.

No colexio de Cedeira, propuxéronse varias actividades relacionadas con ese lema e unha delas foi a elaboración dun vídeo no que participaron todos os cursos e no que se representaba un día 24 de febreiro onde todos e todas fósemos Rosalía e onde se representaba e recitaba un poema moi característico da produción literaria de Rosalía titulado: “Dende aquí vexo un camiño”.

O resultado foi fantástico e moi emotivo. Botádelle unha ollada pois é unha interesante visión do mundo de Rosalía. Agardamos que sexa do voso agrado. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado participante e en especial ao Departamento Tic que se encargou da planificación, gravación e montaxe deste maravilloso resultado. Noraboa!

Powered by Drupal - Design by artinet