O MEDIO AMBIENTE GAÑA COA RECOLLIDA DE PILAS EN CEDEIRA

O día 31 de xaneiro viñeron recoller as pilas que tiñamos no colexio.

Conseguimos encher tres contedores e, ao pesalos, xuntaron 222,65 kilogramos.

Grazas todos e a todas pola participación e, aínda que non gañemos o concurso, quen gaña é o MEDIO AMBIENTE.Risa

RAPAZADA NOS CAMIÑOS

A rapazada anda polos camiños... e atopa moitas mostras do patrimonio que nos representa e que queremos mostrar hoxe da man de cada nena e neno. Son fontes, cruceiros, lavadeiros, pozas, fervenzas, petos de ánimas... que atopamos na parroquia e na contorna do colexio de Cedeira. 

Foron moitos os participantes, nenos e nenas que, xunto coas súas familias quixeron colaborar para axudarnos a facer un recoñecemento público dese patrimonio. Disfrutade véndoo!

Tamén o podedes ver en Cedeira TV.

 Rapazada de 1º nos camiños...

 

 

 Rapazada de 2º nos camiños...

 

 

Rapazada de 3º nos camiños...

  


Rapazada de 4º nos camiños...

   

Rapazada de 5º nos camiños...

 

Rapazada de 6º nos camiños...

 

Rapazada de EI 5 anos nos camiños...

 

Rapazada de EI 4 anos nos camiños...

 

 

 Rapazada de EI 3 anos nos camiños...

   

NADAL EN CEDEIRA

 

Papa Noel e un dos seus trasgos visitaron o noso cole. Aqui tedes ao alumnado de infantil moi ilusionados facendo as súas peticións.

 

 

Como todos os anos, celebramos o Festival de Nadal no Centro Cultural de Cedeira. Alí nos reunimos para cantar e tocar panxoliñas e difrutar coas obras de teatro. Neste vídeo recopilatorio tedes algúns dos momentos máis emocionantes e premendo na canle de Cedeira TV veredes as actuacións dos distitnos cursos.

 

  

 

COIDAMOS O XARDÍN DO COLEXIO

Xa estamos no novo curso e temos que facer o mantemento do xardín que, despois de todo o verán, precisaba dun "arranxiño". Puxémonos mans á obra con moita ilusión e ánimo no traballo, as alumnas e os alumnos participantes, de 5º e 6º traballaron arreo para que o noso xardín estea coidado. Mesmo houbo que arranxar desperfectos que algún desaprensivo causou. 

O traballo en grupo, colaborando cos compañeiros e compañeiras fai que o tempo pase voando. Hai que facer moitas cousas: quitar herbas malas, podar, retirar follas caídas, reparar o valado, plantar, poñer carteis cos nomes das plantas, cociñar e degustar sobremesas con cabazas da nosa horta, etc.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo.

 

 

MAGOSTO NO COLEXIO

O Magosto é unha das nosas celebracións máis especiais porque todo o alumnado e o profesorado participa activamente nos xogos que se organizan. Despois degustamos as gorentosas castañas. Mirade que ben o pasamos.

Tamén podedes ver na nosa canle de Youtube o certame deste ano de "Contos á lus do candil" no que o alumnado de 6º leu os microrrelatos de medo que fixeron. Todo o alumnado do colexio pasou pola biblioteca para escoitar os "arrepiantes" contos de medo. Para poder ver as imaxes premede en Cedeira TV.

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE CRISTINA MITTERMAIER

 Todos os cursos do colexio asistiron á exposición "Terras de Salitre" que a fotógrafa Cristina Mittermeier ten na sala de exposicións do centro García Barbón de Afundación. Realizaron un obradoiro sobre medio ambiente e fixeron unha pequena investigación sobre a temática da obra da artista.

 

 

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN

No noso colexio celebramos o Samaín con moitas actividades... Contos á luz do Candil, visionado de pelis de medo, photocall de personaxes terroríficos, degustación de dedos de meiga...

Aquí podedes ver un adianto do que fixemos.

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "TERRAS DE SALITRE. CRISTINA MITTERMEIER"

O luns día 1 de outubro o alumnado de 1º e 2º realizou unha visita a exposición "Terras de Salitre de Cristina Mittermeier" sobre a vida de distintas especies mariñas e como está influindo o quentamento global nos seus hábitats.

A través dun obradoiro de expresión plástica moi dinámico, axudáronlle a tomar conciencia da importancia da reciclaxe para a protección do medio ambiente.

Debido á importancia da temática e pola oportunidade de visitar esta gran exposición fotográfica, eleximos esta actividade para tódolos cursos do centro, visitas que faremos ao longo do mes de outubro e de novembro.

VISITAMOS A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE RUTH MATILDA ANDERSON E FIXEMOS UN ROTEIRO POR REDONDELA

 

O 21 de setembro o alumnado de 4º e 5º de E.P. tivemos a sorte de poder ir visitar unha exposición de fotografías feitas por Ruth Matilda Anderson, unha estupenda fotógrafa americana que visitou Galicia nos anos 20 coa intención de retratar coa súa cámara de fotos o sentir do pobo galego: a súa xente, os seus costumes, as súas paisaxes…

 

A visita resultou moi intereseante e divertida, pois, xogando a ser detectives descubrimos moitas cousas de Ruth, unha muller valente e independente que soubo captar coa súa lente o ser e o sentir de Galicia.

 

 

 

Ademáis de visitar esta exposición, durante a saída tivemos a sorte de contar cunha guía que nos levou a percorrer as rúas do noso pobo. Presentounos Redondela  como un pobo de viaductos, un pobo cunha grande historia industrial e cultural, cheo de fermosas tradicións e animadas festas que recibe e acolle cada día a milleiros de peregrinos que se dirixen a Santiago.

 

Powered by Drupal - Design by artinet