A patrulla de reciclaxe.

Nas últimas semanas, alumnos de 3º de primaria crearon unha patrulla de reciclaxe dentro dun proxecto de coidado do patio e concienciación dos nenos e nenas que alí disfrutan do seu tempo de recreo. 

Cada recreo distintos nenos e nenas axudan a que todos tiren os residuos no colector correspondente, cada vez máis alumnos e alumnas o pensan dúas veces antes de tirar lixo ao chan.

FINA CASALDERREI, VISITOUNOS!

Fina Casalderrei agasallounos cun anaquiño do seu prezado tempo literario. Veu comentar con nós cousiñas sobre os seus libros que están a ler os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.
  

Obradoiro de matemáticas na Fundación Barrié de la Maza.

Os alumnos de 6º de Educación Primaria asistiron a un Obradoiro de Matemáticas na Fundación Barrié de la Maza, onde puideron realizar moitas actividades relacionadas cos números e a lóxica. 

PAULA PENEDO QUINTEIRO, alumna de 5ºA do Ceip Balaidos, FINALISTA no concurso ENCHE O TEU MUNDO DE VIDA, de Aqualia

A nosa alumna PAULA PENEDO QUINTEIRO de 5ªA foi finalista no concurso de debuxo on line "Enche o teu mundo de vida", convocado pola empresa Aqualia.

Este foi o seu debuxo.

Podedes acceder á noticia no faro de Vigo aqui

Xa esta convocado o novo concurso para 3º e 4º de primaria. Animádevos a participar. Entra aqui

Concerto "Do Viso" e "O Caruncho".

O 30 de marzo, os músicos Carlos "Do Viso" e Luis "O Caruncho" deron un concerto no colexio titulado "Como se fan, como se tocan".

Asistiron ao concerto o alumnado de 4º,5º,e 6º de E. Primaria. Carlos explicounos como constrúe os instrumentos musicais e con Luis escoitamos como soan cada un deles. Foi un concerto moi enriquecedor e participativo xa que os nenos e nenas cantaron e acompañaron con palmas as cancións que éles tocaban.

A gran sorpresa foi o alumno de 6º EP, Marcos Fragueiro que nos deleitan xunto con outros compañeiros tocando a gaita, recibindo un forte e caluroso aplauso. 

Visita do Trigal ao 3º ciclo.

Ao igual que os alumnos de infantil, os de 1º ciclo e os de 2º ciclo, os alumnos de 3º ciclo disfrutaron dunha actividade coa panadería O Trigal, que viñeron a explicarnos como se fai o pan e os tipos que hai.

Día da muller.

O pasado día 8 de Marzo tivo lugar o día internacional da muller e no noso centro os alumnos realizaron distintas actividades e traballos.
 

 

Podedes ver como se fixeron estas actividades visitando os blogues: Meniños de Balaídos, Medrando en Balaídos e Pequerecuncho Clase A.

 

Segunda exposición de experiencias co son.

Despois do éxito da primeira exposición de experiencias relacionadas co son que houbo no laboratorio, os alumnos e alumnas do noso cole xa están disfrutando coa segunda edición onde poder experimentar con distintos materias e experiencias onde coñocer máis sobre o son. 

Libros ceibes.

Xa están os libros ceibes circulando polo cole. Non dubidedes en atrapar un. Para máis información visitade o blogue de normalización.

CALENDARIO E DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO

 

VINDEIRO CURSO 2022/2023

PRAZO DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN NO CENTRO

 

COMUNICÁMOSLLES ÁS FAMILIAS INTERESADAS

QUE TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO

 

A INFORMACIÓN CONTIDA NOS INFORMES DO AUMNADO ADMITIDO SÓ PODERÁ FACERSE PÚBLICA DE 2 FORMAS:
  • PRESENCIALMENTE: ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS SITUADO NO INTERIOR DO EDIFICIO ESCOLAR.
  • TELEMÁTICAMENTE: ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE A TRAVÉS DA "APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO" EMPREGANDO A CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL.

 

DEBERÁ FACER A MATRÍCULA OBRIGATORIAMENTE

DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • 1 FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINACIÓN

  • 1 FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA

  • FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ:

    • 2 FOTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

    • 1 FOTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

  • CERTIFICADO ACADÉMICO DO CENTRO DE ORIXE NO QUE ESTIVO MATRICULADO O CURSO ANTERIOR ( ALUMNADO QUE VÉN DOUTROS CENTROS )

  • 1 FOTOCOPIA DA DOCUMENTACIÓN QUE ACREDITE A TUTELA DO ALUMNADO (SÓ NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO )

  • OUTRA DOCUMENTACIÓN: TÍTULO FAMILIA NUMEROSA E CERTIFICADOS MINUSVALÍA

 

AS FAMILIAS INTERESADAS NO SERVIZO DE COMEDOR DEBERÁN PRESENTAR A SOLICITUDE CUBERTA NO ANPA DO CENTRO O ANTES POSIBLE

 

Distribuir contido

Back to top