Concerto "Do Viso" e "O Caruncho".

O 30 de marzo, os músicos Carlos "Do Viso" e Luis "O Caruncho" deron un concerto no colexio titulado "Como se fan, como se tocan".

Asistiron ao concerto o alumnado de 4º,5º,e 6º de E. Primaria. Carlos explicounos como constrúe os instrumentos musicais e con Luis escoitamos como soan cada un deles. Foi un concerto moi enriquecedor e participativo xa que os nenos e nenas cantaron e acompañaron con palmas as cancións que éles tocaban.

A gran sorpresa foi o alumno de 6º EP, Marcos Fragueiro que nos deleitan xunto con outros compañeiros tocando a gaita, recibindo un forte e caluroso aplauso. 

Back to top