blog da biblioteca

Blog da biblioteca: o recuncho de Xoan

A escritora Ana Alonso no ceip Balaídos

A escritora Ana Alonso, estivo nas aulas de 4º,5º e 6º explicando e narrando as súas vivencias coma escritora  e compartindo con nós os seus libros.

PRIMEIROS ESCRITORES CONVIDADOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS.

Esta semana xa deron comezo no colexio as actividades de celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (que este ano adícase en toda Galiza a CARLOS CASARES).
Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca foron convidados dous escritores:
- O día 3 estivo con nós Miguel Ángel Alonso Diz https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_%C3%81ngel_Alonso_Diz
- O día 4, Senén Vaamonde e dous membros do grupo musical A Roda (Alfredo e Manuel)
Se queredes ver videos das actuacións clicade aquí:

https://drive.google.com/open?id=0B-mZqLgAQsn3LS1TYlB3bXRFamM

https://drive.google.com/open…

Día do libro 2017.

Un ano máis, para celebrar o día do libro o equipo da biblioteca do centro planificou a actividade de padriños e madriñas lectoras, onde nenos e nenas dos cursos máis altos elixiron un conto e llo contaron a compañeiros maís pequenos. Éstes a cambio déronlle un agasallo en agradecemento.

Podedes ver as fotos e descargalas aquí.

A biblioteca abre as súas portas!!!

Este próximo mércores 26 de outubro a biblioteca abre as súas portas. Os alumnos/as poderán visitala para estudar, coller libros emprestados ou lelos alí. Sempre acompañados por un adulto.

Non dubidedes en pasar por alí!.

No blogue da biblioteca "O recuncho de Xoán" podedes seguir todas as novidades que teñen que ver coa biblioteca, así como con normalización. Podedes ver as fotos das actividades que propoñen. Nel podedes ver as fotos do acto que fixeron o día 24 de outubro para celebrar a inauguración da bliblioteca.

O blogue de normalización pasa a fusionarse co blogue da biblioteca.

Enquisas sobre a biblioteca.

Xa é posible participar na mellora do noso plan de biblioteca, para poder contribuír só tedes que cubrir a seguinte encuesta:

- Para as familias.

- Para os alumn@s.

Animádevos e participade!!

Libros ceibes.

Xa están os libros ceibes circulando polo cole. Non dubidedes en atrapar un. Para máis información visitade o blogue de normalización.

Apertura de biblioteca curso 2015-16

O pasado día 28 de outubro tivo lugar o acto de apertura da biblioteca. Xa podedes ir, tanto alumn@s como familias, polas tardes a visitar a biblioteca e coller libros.

Apertura da biblioteca

O pasado venres 24 celebramos no cole o día internacional das bibliotecas escolares, e aproveitamos esa data para realizar o acto de apertura da nosa biblioteca. Non deixedes de pasar por O recuncho de Xoán para ver as fotos do evento.

 

O recuncho de Xoan

Este é o nome do blog da nosa biblioteca:


O recuncho de Xoan


Accede clicando na imaxe


Distribuir contido

Back to top