Gallego

Emaze

Esta ferramenta web permítenos crear e gardar presentacións en liña. Trátase dunha alternativa a Power Point, Impress ou Prezi, que presenta algunhas diferenzas con respecto a elas.

Unha vez que nos rexistremos poderemos comezar a crear as nosas presentacións. A modo de inspiración poderemos explorar presentacións xa feitas con esta ferramenta.

A ferramenta conta con 13 modelos, cinco deles con animacións 3D. Dentro de cada modelo podemos escoller tamén diferentes deseños de diapositivas, que poderemos modificar ao noso gusto.

En cada diapositiva podemos engadir texto, imaxes, vídeos (apenas de YouTube) e formas predefinidas. Cando inserimos cada un destes elementos xurdirannos barras de ferramentas coas que poderemos modificar o tamaño, a cor, efectos 3D, rotar...

A diferenza doutros programas similares, para organizar mellor o noso traballo, poderemos agrupar un conxunto de diapositivas que traten a mesma temática ou o mesmo obxectivo en Seccións, a modo de capítulos dun libro. O manexo das diapositivas é moi sinxelo e podemos borralas, duplicalas ou movelas simplemente arrastrándoas.

Unha vez rematada a nosa presentación podemos previsualizala, modificala, eliminala, imprimila, facela pública ou privada, compartila por email ou nas redes sociais, embebela nun blogue ou sitio web.

Destacamos tamén dúas funcionalidades desta ferramenta. En primeiro lugar, podemos descargar a nosa presentación. Daquela, crearase un arquivo comprimido que poderemos levar onde queiramos e evitar problemas de rede. Ao descomprimilo, poderemos visualizala clicando no arquivo html.

En segundo lugar, a presentación pode realizarse de xeito colaborativo, invitando por email aos colaboradores que queiramos.

Gallego
Crea presentacións interactivas

Vídeo da conferencia de Brian North nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU

Summary: 

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU.
Gallego

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU. Este vídeo estará sempre dispoñible na sección da web CAFI TV.

 

video Brian North

Reunión PFPPs

Summary: 

O luns 16 ás 16 horas terá lugar unha reunión no CFR da Coruña para informar respecto dos PFPPs. Poderán acudir representantes de tódolos centros preinscritos nos PFPPs.
Gallego

Data: 

16/09/2013

Sección: 

Resumo de normas das actividades de formación

Summary: 

Resumo de normas dos Pfpp, Pfac, Gt e Seminarios do curso 2013/2014.
Gallego

Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:

imaxe plan anual

F1302004: Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

O vindeiro día 6 de setembro celebrarase a proba de nivel para o profesorado para o acceso a os cursos CALC, no CFR de Ferrol
Gallego

O vindeiro día 6 de setembro celebrarase a proba de nivel para o profesorado para o acceso a os cursos CALC, no CFR de Ferrol.

A proba realizarase no Salón de Actos do CFR

Proba de nivel para participar en cursos CALC
Proba de nivel para participar en cursos CALC

F1302004: Proba de nivel para participar en cursos CALC

Gallego

Data de comenzo: 6 de setembro de 2013

Data de finalización: 6 de setembro de 2013

Lugar de celebración: Salón de actos CFR de Ferrol

Número de horas totais: 1 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=55467

Enlace a Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=419

Data: 

06/09/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

ELT Techniques. Un interesante MOOC para o profesorado de inglés

Summary: 

Unha interesante proposta especialmente pensada para profesores de inglés de todo o mundo. Esta proposta chega desde a plataforma WizIQ, cun curso on-line e de balde ELT Techniques: Vocabulary, que dará comezo o 29 de xullo, finalizando o 23 de agosto.
Gallego

Un MOOC, acrónimo en inglés de Massive Online Open Course e traducido ao galego como Cursos en Líña Masivos e Abertos; é unha modalidade de educación aberta, que se observa en cursos de pre grao ofrecidos gratuitamente a través de plataformas educativas en Internet; cuxa filosofía é a liberación do coñecemento para que este chegue a un público máis amplo.

As características desta suxestiva actividade que está a piques de dar comezo podes consultalas na seguinte ligazón:

http://www.wiziq.com/course/26903-elt-techniques-vocabulary

ilt_mooc

Revista da Rede de Formación

Summary: 

Vídeo da revista da Rede de Formación do Profesorado de Galicia.
Gallego

Vídeo da revista da Rede de Formación do Profesorado de Galicia.

Revista
Revista

C1301026: Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B1

Gallego

Referencia: C1301026
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  30/09/2013  -  30/05/2014
Data límite de inscrición: 19/09/2013
Lugar: SECCIÓN DE CEE (EOI CORUÑA)
Prazas:  20
Observacións prazas: 
Acreditar nivel A2 de inglés. Orde de 18 de febreiro de 2011 (DOG 26/04/2011)

Horas presenciais: 120
Horas non presenciais: 0

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Asesor responsable: Pedro Lado García.

Email: cfr.coruna.tic3@edu.xunta.es

 

Data: 

30/09/2013 - 30/05/2014

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Plan de formación 2013-2014 CFR de Ferrol (corrección de erros)

Summary: 

ATENCIÓN!!! Revisión de erros e ampliación de actividades no Plan de Formación publicado para o curso 2013-2014 no CFR de Ferrol
Gallego

Podedes descargar dende aquí as actividades desenvolvidas no Plan de Formación de para o curso 2013-2014 para o CFR de Ferrol correxido e ampliado.

Plan Formación CFR Ferrol 2013-2014
Plan Formación CFR Ferrol 2013-2014