Saltar navegación.
Inicio

Novas

UVIGO: #ConectacoSIE

A Universidade de Vigo organiza este curso distintas actividades dirixidas a alumnado e profesorado, como charlas de divulgación científica, charlas sobre determinadas titulacións ou ámbitos de coñecemento, puntos de encontro para persoal orientador....Os centros teñen a posibilidade de elixir as actividades que consideren necesarias, as cales poden ser consultadas na súa web.

Unha das actividades que organiza a UVigo é o #ConectacoSIEO SIE é o Servizo de Información a Estudantado, e grazas á iniciativa desta universidade estará accesible para todo o profesorado e alumnado que o desexe, de forma que os interesados/as poderán acceder de forma virtual a unha aula en directo, onde poden realizar as consultas que consideren relacionadas coa ABAU, acceso, preinscripción, matrícula....Quen queira poderá acceder os martes de 12:00 a 13:30 horas para facer as consultas desexadas. Na ligazón tedes toda a información da actividade.

Proxecto TI© EMPRENDES para a mellora da empregabildade

Anunciamos o proxecto TI© EMPRENDES, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra, que pretende mellorar as condicións de empregabilidade, tanto por conta propia como allea, dos destinatarios/as.

O programa vai dirixido ás persoas que cumpran estes requisitos:

  • mozos e mozas desempregados/as que teñan entre 16 e 30 anos
  • que non estean integrados agora mesmo en ningún sistema de educación ou formación
  • inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • empadroados nalgúns dos concellos rurais que podedes consultar no cartel axunto en pdf, entre eles Vila de Cruces, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro ou Forcarei.

Ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

A Consellería ven de publicar, a modo informativo, a relación de ciclos formativos e módulos da formación profesional con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera. Esta información pode ser de axuda na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no periodo extraordinario, que abrangue dende 1 ó 9 de setembro ás 13:00 horas, debendo ter en conta que os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ó proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria. Podes consultar a información e listaxes na seguinte ligazón. 

Admisión á Formación Profesional Básica. Curso 2020-2021

CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 11 de setembro de 2020 ata as 13:00h.
  • No mesmo prazo, entre o 1 e 11 de setembro, deberase entregar o consentimento dos pais ou titores/as legais, de incorporación a FP Básica no centro de orixe (Anexo III)De non entregar este documento no prazo indicado, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
  • Publicación da listaxe de admitidos: 14 de setembro
  • Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: 15 e 16 de setembro. 
  • Matrícula: do 14 ó 21 de setembro.

O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os indicados anteriormente.

Admisión a ciclos formativos de FP. Listaxes definitivas. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020

Publicadas as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas. As listaxes garanten a confidencialidade, polo que cada persoa está identificada con un código persoal de consulta (CPC).

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o mércores 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31 de xullo de 2020.

Para máis información e consulta das listaxes preme na ligazón.

Residencias universitarias

Se o próximo curso vas realizar estudos universitarios en Galicia e estás a buscar aloxamento, podes atopar información de interese na presentación adxunta.

Admisión a ciclos formativos de FP. Listaxes definitivas de solicitudes. 1ª adxudicación ordinaria. Curso 2020/2021

Publicadas as listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020.

Para máis información e consulta das listaxes preme na ligazón.

Preinscripción e matrícula no Sistema Universitario de Galicia

Na presentación poderedes consultar os aspectos relevantes que precisades coñecer sobre a preinscripción e matrícula na Universidade en Galicia, así como os correspondentes prazos. 

Para matrícula en estudos universitarios noutras comunidades autonómas, é preciso cubrir o formulario online que corresponda así como estar atentos/as ós prazos de admisión e matrícula pertinentes, para o que é recomendable consultar as páxinas web das universidades en cuestión. 

UDC: preinscripción en NERTA e achegamento á Universidade

Na web de FUTUROS ESTUDANTES da UDC poderedes atopar toda a información relativa ás ABAU, á PREINSCRIPCIÓN e á aplicación NERTA. Nela figuran os prazos e un vídeo explicativo do procedemento para facer a preinscripción en NERTA, con prazo aberto ata o próximo 28 de xullo. Acceso á web nesta ligazón.

 

O primeiro listado de alumnado admitido será publicado o martes 11 de agosto, e o derradeiro listado publicarase o 16 de outubro. Convén estar atentos/as á publicación dos listados e chamamentos, xa que os prazos de matrícula en liña son de tan só dous días hábiles! Logo, nese prazo de dous días, o alumnado convocado deberá matricularse ou confirmar o interese en seguir nas listaxes da CIUG, pois de non confirmalo, decaerá nos seus dereitos. 

 

Asemade, dende a UDC recordan que teñen abertas virtualmente as portas da súa Universidade, polo que no caso de ter dúbidas sobre algún Grao, poderedes atopar información sobre as titulacións, testemuñas de alumnos/as e cuestións referidas á vida universitaria premendo neste enlace. Tamén vos poderedes achegar á UDC a través de Twitter (https://twitter.com/udc_gal) e Facebook (https://www.facebook.com/udc.gal/).

Oferta de Graos universitarios en Galicia para o curso 2020-2021

No documento pdf adxunto pódese consultar a relación actualizada de titulacións de grao do Sistema Universitario Galego e as prazas ofertadas en cada un deles para o vindeiro curso 2020-2021. 

Distribuir contido