Mediación escolar
No curso 2020-21 iniciamos a mediación escolar no noso centro, aumentando esforzos e sistematizando o proceso nos cursos seguintes.
A mediación é unha estratexia de solución pacífica de conflitos, na que as partes enfrontadas chegan a un acordo contando coa axuda dunha terceira persoa imparcial. Trátase dun proceso voluntario, confidencial e formal, sobre o que podedes ter máis información no protocolo e tríptico adxunto.
Na actualidade contamos cun equipo de mediación formado por profesorado e alumnado voluntario, que nos reunimos e realizamos diversas actividades para dar a coñecer a mediación e poñela en práctica. Animádevos a formar parte do equipo!
Podedes coñecer máis sobre as actividades de mediación no bloque de orientación e no blog da biblio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20220509 Protocolo Mediación Escolar.pdf | 2.03 MB |