Saltar navegación.
Inicio

Eleccións consello escolar. Ano 2024

Segundo a RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos haberá eleccións dos representantes dos distintos sectores da Comunidade Educativa no Consello Escolar.

No noso centro corresponde unha renovación parcial do Consello Escolar, debendo elixirse os seguintes representantes: 

  • 3 profesores/as
  • 2 alumnos/as
  • 2 representantes de nais e pais 
  • 1 representante do persoal de administración e servizos

A designación dos/as representantes da ANPA e Concello corresponde a ditas entidades. Os/as representantes do profesorado, do alumnado, de nais ou pais ou titores/as legais e do persoal de administración e servizos serán elixidos mediante votación, entre os candidatos que se presenten en cada un dos sectores. 

O profesorado, alumnado, nais e pais e persoal non docente que desexen formar parte do novo Consello Escolar deberán presentar a súa candidatura entre os días 30 de outubro e 11 de novembro de 2024 na secretaría do centro, cumprimentando o modelo correspondente. 

Os censos electorais serán expostos no taboleiro do centro con data 29 de outubro. Prazo de reclamacións contra os censos electorais ata o 8 de novembro de 2024. 

As votacións para elección dos representates dos distintos sectores efectuaranse na data que se estableza no calendario do procedemento, que en calquera caso estará comprendida entre o 18 a 22 de novembro, sendo constituído o novo Consello Escolar ata o 10 de decembro.

O procedemento estará organizado e supervisado pola Xunta Electoral.  

1. Constitución da xunta electoral. Elección de membros

2. Calendario do procedemento

3. Convocatoria de eleccións:

4. Modelos de presentación de candidaturas: 

5. Relación de presentación de candidaturas nos distintos sectores: 

  • Rematado o prazo de presentación de candidaturas para formar parte do Consello Escolar, reunida a Xunta Electoral con data 12 de novembro de 2024, foron proclamadas e publicadas as candidaturas presentadas nos distintos sectores. Poden consultarse a relación de persoas candidatas no taboleiro do centro.