Saltar navegación.
Inicio

Skills FP

Participación en SpainSkills

Sergio en SpainSkillsO alumno Sergio López, do ciclo de soldadura, participou a semana do 9 ao 13 de abril na competición SpainSkills, representando a Galicia na especialidade de Soldadura.

Sergio gaño a medalla de ouro na competición galega, o que lle dou dereito a participar neste evento.

SpainSkills é unha competición organizada polo  Ministerio de Educación y Formación Profesional, que promove competicións de destrezas (skills, en inglés) que constituen un valioso instrumento divulgativo da Formación Profesional e un medio para estimular a estudiantes, profesorado e empresas, ademais dunha plataforma de intercambio e un foro de debate sobre a evolución dos estándares profesionais, a calidad e a innovación nos diferentes sectores productivos.

Sergio estivo acompañado polo seu profesor, José Antonio García, quen lle brindou o seu apoio e experiencia durante todo o evento.

Durante a competición, Sergio sufriu un pequeno accidente que desafortunadamente lle impediu rematar a competencia. 

 

Alumno do Camballón acada a medalla de ouro no campeonado Galicia Skills

O alumno, Sergio López, do segundo curso do Ciclo de Soldadura e Calderería, foi premiado co primer premio, medalla de ouro, na categoría de soldadura dentro campionato galego de FP Galicia Skills.

Gañador e profesor

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

Como gañador do campeonato, na categoría de soldadura, Sergio representará a Galicia no campionato nacional Spainskills. 

Este premio é unha gran alegría para todo o instituto, e un recoñecemento da labor realizada polo profesorado do ciclo de soldadura.

Faro de Vigo: Los más habiles de la clase

La Voz de Galicia: Galicia Skills 2023

Distribuir contido