Novas
Novidades na admisión á Formación Profesional Básica
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 16/06/2024 - 17:26As intrucións publicadas o 7 de xuño de 2024, relativas á admisión á FP, inclúen novidades na admisión á Formación Profesional Básica, que podes consultar no documento adxunto.
Novidades na admisión á Formación Profesional Ordinaria
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 16/06/2024 - 16:50O pasado 7 de xuño publicábanse instrucións xerais para a admisión ás distintas modalidades de FP, incluíndo novidades respecto a cursos anteriores. Estas novidades afectan á modalidade de FP ordinaria, que se imparte no noso centro. Podes consultar as novidades relevantes e información de interese na admisión ás ensinanzas de FP ordinaria (grao medio e superior), no documento adxunto.
Becas para o curso 2024-25
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 17/03/2024 - 17:28Facémonos eco da publicación do Ministerio de Educación, que nestes días anuncia a convocatoria de becas para o próximo curso 2024-25, para continuación de estudos universitarios e non universitarios.
Permanece atentx ao prazo de solicitude, do 19 de marzo ao 10 de maio, e consulta toda a información na ligazón correspondente:
- Se o próximo curso vas estudar Bacharelato, Formación Profesional ou FP Básica, informáte aquí.
- Se vas realizar estudos universitarios, esta é a túa ligazón de referencia.
Encontros virtuais na zona USC
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 17/03/2024 - 17:14Os próximos días 21, 22, 25 e 26 de marzo podes coñecer máis de cerca a USC.
Conéctate aos seus encontros virtuais e infórmate sobre os seus graos, programación cultural, residencias....e pregunta todas as dúbidas!
Consulta máis información e horarios na ligazón aos encontros.
Instrucións ABAU 2024
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 27/02/2024 - 13:08Publicada a Resolución do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Universidade e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2023/24, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2024/25. Acceso á resolución nesta ligazón.
Máis información sobre ABAU, preinscrición e matrícula na universidade aquí.
Admisión alumnado curso 2024/25
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 25/02/2024 - 18:21Consulte aquí os prazos destacados a ter en conta no procedemento de admisión para o curso 2024/25:
- Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
- Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.
- Sorteo público da letra a efectos de desempate: última semana de febreiro
- Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
- Presentación da solicitude de admisión (para alumnado que cambie de centro para cursar a mesma ensinanza ou para estudos superiores en centros non adscritos): do 1 ao 20 de marzo.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
- Reclamacións: prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación).
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20 a 30 xuño.
- Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño a 7 de xullo
Normativa:
- Instrucións do proceso de admisión 2024/25 na web da Consellería de Educación.
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanza de 2º ciclo de Ed. Infantil, Ed. Primaria, ESO e BAC reguladas na LOE.
- Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto 13/2022.
Probas para obter o título de Bacharelato para maiores de 20 anos. Convocatoria 2024
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 23/01/2024 - 14:26Publicada a Resolución do 5 de xaneiro de 2024 pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
Prazo de presentación de solicitudes de inscrición: do 15 ao 28 de febreiro de 2024.
Podes obter máis información na propia resolución ou consultando no departamento de orientación.
Probas para obtención do título de ESO para maiores de 18 anos. Convocatoria 2024
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 15/01/2024 - 17:23Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de FP, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
Prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas:
- Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos incluídos
- Para a segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos incluídos
Tamén te podes informar no departamento de orientación.
Probas de acceso a ciclos formativos - Convocatoria 2024
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 15/01/2024 - 17:09Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2024.
Data de realización das probas:
- Probas de acceso a grao medio: 23 de maio de 2024.
- Probas de acceso a grao superior: 18 de abril de 2024.
Podes consultar todas as datas relevantes para cada caso no calendario.
Para máis información, consulta no departamento de orientación ou nesta ligazón.
Ponderacións para acceso universidade en Galicia no 2024/25
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 04/01/2024 - 06:10A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia), ven de publicar na súa páxina web os parámetros de ponderación das materias troncais de modalidade e materias de opción que se terán en conta para o acceso ao sistema universitario de Galicia no curso 2024/25.
Consulta as ponderacións nesta ligazón.