Novas
Suspendidas as probas de aptitudes para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte no curso 2021-2022
Enviado por anabelenfernand... o Dom, 07/03/2021 - 18:19As dúas universidades galegas nas que se imparte o Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Universidade de Vigo e Universidade de Coruña), publicaron unha resolución reitoral na que se informa da suspensión das probas de aptitudes para o acceso ao grao a efectos de admisión no curso 2021-2022 a causa da COVID-19.
A situación actual de pandemia e sanitaria, con condicións e medidas cambiantes, dificulta a organización das probas, motivo polo que as dúas universidades decidiron suspender a convocatoria das mesmas neste ano 2021.
Como consecuencia desta suspensión o acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte será como no resto dos graos, é dicir, basearase unicamente na nota de admisión dos solicitantes, e segundo as normas xerais de acceso á universidade informadas pola CIUG.
Esta medida é excepcional e só será vixente para o acceso ao grao durante o próximo curso 2021-2022.
Probas para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos. Convocatoria 2021
Enviado por anabelenfernand... o Mér, 24/02/2021 - 17:51A Consellería de Educación publica hoxe a Resolución do 15 de febreiro de 2021, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos e se dan instrucións para a súa realización.
O periodo de inscrición na proba abrangue dende o 3 ao 10 de marzo de 2021.
Para máis información, consulta no departamento de orientación ou preme na ligazón.
Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2021
Enviado por anabelenfernand... o Ven, 19/02/2021 - 17:19Publicada a Orde do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan as probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais no presente ano.
Prazos de presentación de solicitudes:
- Primeira convocatoria: do 22 de febreiro ao 8 de marzo de 2021, ambos incluídos.
- Segunda convocatoria: do 22 de xuño ao 5 de xullo de 2021, ambos incluídos.
Consulta a citada orde e toda a información na ligazón.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do periodo de inscrición. Convocatoria 2021
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 18/02/2021 - 05:14Aberto o período de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 18 de febreiro a 3 de marzo de 2021, ambos incluídos.
Consulta toda a información sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) nesta ligazón.
UNIfeira 2021. Feira Virtual de Universidades Españolas
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 16/02/2021 - 11:15Os días 22, 23 e 24 de febreiro, terá lugar a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual de Universidades Españolas promovida pola CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades), que permite o encontro de futuros estudantes cos Graos que se van impartir no vindeiro curso 2021-2022.
Funciona como unha feira universitaria presencial, pero de maneira virtual. Así, 55 universidades contan con postos de información virtuais que se poden visitar e onde podedes informarvos sobre a oferta de estudos, notas de corte, precios, opcións de aloxamento e máis.
A navegación por UNIferia é libre. No seu horario de atención, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h, persoal das universidades solucionará calquera tipo de consulta ou aclaración que se precise.
Para asistir tedes que rexistrarvos e acceder nesta ligazón.
Probas para obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Convocatoria 2021
Enviado por anabelenfernand... o Ven, 12/02/2021 - 10:10A Consellería de Educación publica hoxe a Resolución do 3 de febreiro de 2021, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de maio: 8 de marzo a 18 de marzo de 2021, ambos incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 de xullo a 8 de xullo de 2021, ambos incluídos.
Para máis información acode ao departamento de orientación ou preme na ligazón.
Probas de acceso a ciclos de formación profesional. Convocatoria 2021
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 09/02/2021 - 06:28A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2021. Podes consultar toda a información nesta presentación:
Datas provisionais ABAU 2021
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 08/02/2021 - 19:02O pasado 25 de xaneiro a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) publicaba as datas provisionais para a realización das probas da ABAU, que se desenvolverán previsiblemente como se indica a continuación:
- Convocatoria ordinaria: 8, 9 e 10 de xuño de 2021
- Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de xullo de 2021
TI© EMPRENDES ofrece formación online
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 28/01/2021 - 15:13O proxecto TI© EMPRENDES, do que informamos no blogue o pasado mes de outubro, ven de anunciar unha novidade importante: ofrece formación gratuíta en aula virtual, en resposta á adaptación ao contexto Covid-19.
As accións formativas teñen unha duración de 125 horas en AULA VIRTUAL (5 semanas de duración) e darán comezo en febreiro. Coa modalidade online poderás inscribirte no curso desexado, entre os seguintes que se ofertan:
- Aplicacións móbiles
- Tendas online
- Marketing dixital
- Contidos dixitais, imaxe, vídeo e videoxogos
- Organización e xestión de almacéns
- Venda de produtos e servizos turísticos
Recordamos os REQUISITOS que deben cumprir ás persoas interesadas en participar:
- mozos e mozas desempregados/as que teñan entre 16 e 30 anos
- que non estean integrados agora mesmo en ningún sistema de educación ou formación
- inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- empadroados nalgúns dos seguintes concellos rurais: Vila de Cruces, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Forcarei, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.
Para realizar a preinscrición ou obter máis información, consulta o cartel adxunto, no que atoparás tódolos datos e teléfonos de contacto.
Admisión en centros públicos para o curso 2021-2022
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 12/01/2021 - 13:02Iniciado o procedemento de admisión de alumnado en centros de adscrición sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022 nas etapas da Educación Infantil, ESO e Bacharelato.
Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
Listaxes de admitidos/as: serán publicadas antes do 28 de febreiro, podendo consultarse nos centros ou na aplicación admisionalumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »