Novas
ABAU: cambios no calendario e nas probas de acceso á Universidade
Enviado por anabelenfernand... o Ven, 27/03/2020 - 18:18O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o de Universidades acordan cambios no calendario e nas probas da ABAU.
As probas celebraranse entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria, e antes do 10 de setembro na convocatoria extraordinaria. Estas datas son provisionais, pois dependen da evolución da pandemia.
O modelo de exame axustarase para que o alumnado non se vexa prexudicado dada a situación excepcional de interrupción lectiva provocada pola declaración do estado de alarma.
Acceso á nota de prensa na ligazón.
FP: flexibilización das prácticas (FCT) e calendario escolar
Enviado por anabelenfernand... o Ven, 27/03/2020 - 18:08O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as administración educativas das Comunidades Autónomas acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar, para que o alumnado da Formación Profesional poida superar o curso pese ás condicións excepcionais.
A duración da Formación en Centros de Traballo (FCT) limitarase de maneira excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa básica, é dicir, 220 horas. Asemade, integrarase de forma excepcional o módulo de FCT con un módulo de Proxecto, para que se poidan abordar os obxectivos asociados ó entorno laboral. Esta medida afectará tanto á FP Básica, como á de grao medio e superior.
As probas de acceso á FP de grao medio ou superior tamén serán pospostas se é preciso.
Acceso á nota de prensa na ligazón.
Formas de contacto co profesorado do Departamento de orientación
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 24/03/2020 - 13:27Dende o Departamento de Orientación poñemos a disposición de alumando e familias, así como calquera outro membro da comunidade educativa que precise contactar con nós, os correos electrónicos seguintes:
María Rodríguez (profesora de PT): mariamestrapt.edu20@gmail.com
Ruth Sabucedo (profesora de PT): rsmorillo@edu.xunta.gal
Paula Martínez (profesora de FOL): paula.martinez@edu.xunta.gal
Ana Belén Fernández (orientadora): orientacion@iesmarcodocamballon.com
Suspensión dos procesos de admisión
Enviado por anabelenfernand... o Ven, 20/03/2020 - 08:07Interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes de admisión. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo do Cecop ou, se é o caso, as prórrogas deste, tal como se establece na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
ABAU, notas de corte e táboas de ponderación
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 19/03/2020 - 20:28Á espera de que se concreten novas datas para a realización da ABAU, ante o posible aprazamento das probas por mor da suspensión temporal das clases pola situación de pandemia que estamos a vivir, xúntase información relativa ás probas no caderno adxunto na parte inferior. Tamén podedes consultar as notas de corte e táboas de ponderación. Asemade, inclúese un documento coas instrucións que o alumnado debe ter en conta para a realización das probas, pero, se o preferides, podedes visualizar esas instrucións no vídeo publicado pola CIUG.
Guía de saídas profesionais dos Graos Universitarios
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 19/03/2020 - 19:54
Compartimos a Guía de saídas profesionais da Universidade de Granada, con información moi interesante sobre as distintas carreiras universitarias e a súa inserción laboral.
Podedes consultala de cara a completar o proceso de busca de información para a toma de decisións vocacionais. A guía inclúe para os distintos Graos, a informacón seguinte:
- Descrición da carreira
- Perfil competencial
- Mercado de traballo e perspectivas
- Ámbitos profesionais e ocupacións desempeñadas
- Enlaces e outras información de interese
Podedes acceder á guía no seguinte ENLACE
Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de ESO e BACH no ano 2020
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 19/03/2020 - 19:10A Consellería de Educación publicou a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ó alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
Enviado por anabelenfernand... o Mar, 17/03/2020 - 13:01
Indícase información contida na Orde do 20 de xaneiro do 2020, pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2020. A orde completa así como o calendario das probas, poden ser consultados nos documentos adxuntos na parte inferior.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15