Saltar navegación.
Inicio

Novas

TI© Emprendes: novas accións formativas

Se tes entre 16 e 30 anos, non está a traballar nin estudar, estás inscrito/a en garantía xuvenil e vives nun concello rural, podes participar en TIC Emprendes!

O proxecto reaparece con novas accións formativas, todas elas de 125 horas de formación, dentro das cales se inclúen 25 horas en formación específica para o emprendemento e titorías individuais e grupais de orientación na procura de traballo por conta propia ou allea. 

Cursos en modalidade de aula virtual e sesións presenciais: 

  • GUÍA DE ITINERARIOS AO AIRE LIBRE (Grupo 2), con data de inicio o 29/06/2021 ao 06/08/2021, contará con sesións prácticas en espazos naturais, con posibilidade de beca para facilitar o medio de transporte.
  • OPERARIO/A DE XESTIÓN LOXÍSTICA E DIXITAL DUN ALMACÉN (con módulo de carretilleiro/a)

 Cursos en modalidade aula virtual: 

  • COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA
  • COMUNNITY MANAGER
  • MARTEKING DIXITAL
  • APLICACIÓN MÓBILES (APPS)
  • CONTIDOS DIXITAIS: IMAXE, VIDEO E VIDEOXOGOS
  • TENDAS ON LINE

 Estás a tempo de inscribirte. Máis información na web: https://www.depo.gal/tic-emprendes

Prazos admisión a ciclos de Formación Profesional. Curso 21-22

Publicado o calendario coas datas de admisión e matrícula a ciclos de Formación Profesional para o curso 2021-2022, que pode ser consultado no adxunto. 

Máis información sobre a admisión e acceso ao asistente informático para efectuar a mesma nas seguintes ligazóns: 

TIC Emprendes: Aplicacións Móbiles

O programa TIC Emprendes oferta o curso Aplicacións Móbiles, para mozos/as desempregados/as entre 16 e 30 anos e inscritos/as en garantía xuvenil.

Para participar, ademais dos requisitos anteriores, é necesario estar empadroado/a nalgún dos seguintes concellos: O Rosal, Oia, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, Fornelos de Montes, A Lama, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cerdedo- Cotobade, Campo Lameiro, Moraña, Barro, Meaño, Meis, Portas, Illa de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Pontecesures, Forcarei, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón.

A formación é online. Para máis información ou contacto, consultar o cartel adxunto.

Convocatoria de prazas nas residencias da USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca un total de 1061 prazas de aloxamento nas súas residencias. Prazo de presentación de solicitudes ata o 28 de xuño de 2021 ás 14:00 horas.

Información completa e contactos na ligazón.

Novos graos universitarios e mestrados para o curso 2021/2022

 O Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará  o vindeiro curso dous novos graos da rama de Humanidades e catro novos mestrados universitarios.  

As novas titulacións de grao que se ofertan son: 

  • Grao en Xestión Cultural (USC – Campus Lugo - Facultade de Humanidades)
  • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española (UVigo – Campus de Vigo – Facultade de Filoloxía e Tradución)

En canto aos mestrados, haberá catro novos másteres:

  • Máster Universitario en Desafíos das Cidades Atlánticas, conxunto entre a UDC, USC, UVIgo e as universidades portuguesas de Minho, Porto, Trás os Montes e Alto Douro.
  • Máster Universitario en Dereito Transnacional, conxunto entre a USC e a Universidade do Minho.
  • Máster Universitario conxunto Erasmus Mundus en Sostenibilidade e Industrial 4.0 da UDC.
  • Máster Interuniversitario en Tecnoloxías, Márketing e Comunicación Política da USC. 

Acceso e admisión a ensinzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 21-22

Publicada a Resolución do 28 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o próximo curso 2021-2022

Prazos de inscrición: 

  • para ciclos de artes plásticas e deseño de grao medio: ata o 1 de setembro de 2021.
  • para ciclos de artes plásticas e deseño de grao superior: ata o 23 de xuño de 2021.

Para máis información consultar a resolución adxunta. 

Probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 21-22

A Consellería ven de publicar as distintas resolucións nas que se regulan as condicións de acceso e admisión a distintas ensinanzas artísticas superiores.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 17 de xuño de 2021.

Preme nas ensinanzas do teu interese para consultar as características das probas e lugares de realización, entre outras cuestións.

Probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 21-22

Publicada a Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021-2022

Prazo de inscrición aberto ata o próximo día 2 de xullo. Consulta as datas de realización das probas, lugar, horarios e máis información na ligazón

Campaña de verán: O verán que mereces

A Consellería de Política Social ven de presentar a campaña de verán  “O verán que mereces” para a mocidade galega. A oferta de actividades inclúe campamentos para nenas e nenos de 9 a 17 anos, intercambios con outras comunidades autónomas, campos de voluntariado para maiores de 18 anos e minicampamentos “Coñece Galicia” en establecementos turísticos.

Contarase con prazas reservadas para persoas con discapacidade e menores tutelados.

Prazo de presentación de solicitudes: sete días hábiles dende o próximo xoves 20 de maio, logo da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Máis información na ligazón

Premios extraordinarios de Bacharelato curso 2020/2021

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato para o curso actual. 

Destinatarios: alumnado que remate o bacharelato en convocatoria ordinaria no curso 2020/2021 con nota media igual ou superior a  8,75.

Premios: concederanse un máximo de 20 premios, con cuantía de 1000 € cada un deles. 

Prazo de presentación de solicitudes: 27 abril ao 26 maio de 2021.

Procedemento para a solicitude: 

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente dende a propia aplicación PremiosEdu. 
  • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Realización da proba para a obtención do premio: o alumnado deberá realizar unha proba presencial con carácter único en toda Galicia, que se celebrará o próximo 23 de xuño de 2021.

Para consultar a estrutura da proba ou máis información, premer na ligazón

Distribuir contido