TI© Emprendes: novas accións formativas
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 03/06/2021 - 11:21
Se tes entre 16 e 30 anos, non está a traballar nin estudar, estás inscrito/a en garantía xuvenil e vives nun concello rural, podes participar en TIC Emprendes!
O proxecto reaparece con novas accións formativas, todas elas de 125 horas de formación, dentro das cales se inclúen 25 horas en formación específica para o emprendemento e titorías individuais e grupais de orientación na procura de traballo por conta propia ou allea.
Cursos en modalidade de aula virtual e sesións presenciais:
- GUÍA DE ITINERARIOS AO AIRE LIBRE (Grupo 2), con data de inicio o 29/06/2021 ao 06/08/2021, contará con sesións prácticas en espazos naturais, con posibilidade de beca para facilitar o medio de transporte.
- OPERARIO/A DE XESTIÓN LOXÍSTICA E DIXITAL DUN ALMACÉN (con módulo de carretilleiro/a)
Cursos en modalidade aula virtual:
- COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA
- COMUNNITY MANAGER
- MARTEKING DIXITAL
- APLICACIÓN MÓBILES (APPS)
- CONTIDOS DIXITAIS: IMAXE, VIDEO E VIDEOXOGOS
- TENDAS ON LINE
Estás a tempo de inscribirte. Máis información na web: https://www.depo.gal/tic-emprendes
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTEL_CURSOS_VIRTUAL_MIXTA..jpg | 97.55 KB |