Saltar navegación.
Inicio

Novas

Admisión a FP. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2020-2021

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

prazo de reclamación contra estas listaxes é ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020, debendo realizar a reclamación no centro no que se presentou a solicitude.  

Co fin de garantir a confidencialidade, cada solicitante está identificado con un código persoal de consulta (CPC). Trátase dun código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP, e que se pode obter a través da aplicación informática ciclosadmisión. Para calquera tipo de dúbida en canto á obtención do CPC, é pertinente consultar as instrucións para obter o mesmo nesta ligazón.

Para máis información e consulta das listaxes, preme neste enlace.  

Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) da UDC

A Universidade da Coruña ofrece unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas Virtuais para futuro alumnado e familias, que  terán lugar o martes 14 e mércores 15 de xullo.

Os participantes poderán coñecer a universidade por dentro, interactuar cos responsables das titulacións e coñecer os servizos e unidades que facilitarán a súa vida universitaria (UDC Internacional, residencias públicas, centros de linguas, cultura, deporte, voluntariado, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudiantís, emprego...).

A información das Xornadas e sobre os distintos estudos que oferta a UDC (41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade, 2 Graos Abertos e o Grado de Nanociencia e Nanotecnoloxía de nova implantación no curso 2020-2021), pode ser consultada na seguinte ligazón https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/ , e tamén na aplicación móbil UDC.gal para Android e para IOS.

Os participantes disporán de: 

  • Videoconferencias en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumnado titulado. 
  • Haberá un apartado especial con retos e obradoiros en vivo, con agasallos para os participantes. 
  • Tamén terán a súa disposición un posto de información xeral, no que poderán facer as consultas e formular as dúbidas. 

Proceso de admisión a ciclos de FP para o curso 2020-2021

Publicado os calendarios do proceso de admisión a ciclos de Formación Profesional e FP dual para o curso 2020/2021.

Admisión a ciclos de Formación Profesional: 

Periodo ordinario de admisión: presentación de solicitudes  do 25 de xuño ó 8 de xullo ás 13 horas.

Periodo extraordinario de admisión: presentación de solicitudes do 1 de setembro ó 9 de setembro ás 13 horas.

Consulta o calendario completo coas distintas fases e prazos nesta ligazón.

Admisión a FP dual: 

Periodo de presentación de solicitudes: do 25 de xuño ó 8 de xullo ás 13 horas.

Consulta o calendario completo coas distintas fases e prazos nesta ligazón. 

Máis información

Xornada Virtual da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, da Universidade de Vigo, organiza a Energy Virtual, unha xornada de portas abertas para amosar ó alumnado da educación secundaria as posibilidades e saídas profesionais do Grao en Enxeñaría da Enerxía e o Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

Data das Xornadas: 25 de xuño de 2020

Horario: de 12:00 a 13:00 horas

Acceso: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699                                                               

Para acceder debes premer no enlace e a continuación escribir o teu nome e a inicial do apelido. Terás dúas posibilidades de acceso, con micrófono (poderás escoitar e tamén compartir micrófono e cámara) ou como oínte (só poderás escoitar). 

Convocadas prazas en centros residenciais docentes para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020-2021

Publicada a Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21.

Becas 2019-2020. Resolución definitiva e prazos de recurso

O Ministerio de Educación e FP ven de publicar as resolucións definitas correspondentes ó curso 2019-2020 da Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ó Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios e da Convocatoria para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. 

De ser necesario, as datas para a presentación de Recurso de Reposición, que deberá efectuarse cumprimentando o modelo adxunto, son as seguintes: 

- CONVOCATORIA XERAL, do día 3 de xuño até o 2 de xullo, ambos días incluídos.

- CONVOCATORIA DE APOIO EDUCATIVO, do día 2 de xuño até o 1 de xullo, ambos días incluídos.

Protocolo de prevención por COVID-19 para as probas da ABAU 2020

Preme na imaxe para visualizar a infografía a tamaño completo. 

Programa HIPERCONECTAD@S

RED ARAÑA, co apoio e financiación do Ministerio de Sanidade pon en marcha o programa HIPERCONECTAD@S, que consiste en charlas online para a prevención e concienciación sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías entre a mocidade, así como co fin de evitar condutas de xogo patolóxico online entre os/as adolescentes. 

En que consiste? Trátase dunha formación gratuita online de dúas horas de duración.

A quen vai dirixido? A mozos/as entre 12 e 18 anos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. 

Inscrición na actividade: Antes do día 30 de xuño de 2020

Máis información e inscrición na ligazón

Presentación da Facultade de Economía e Empresa da UDC

A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña presenta en vídeo e infografía os seus proxectos formativos. Para consultar información sobre os estudos que se poden realizar nesa facultade premendo nesta ligazón. 

Probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos: modificación de datas e prazos

Segundo o establecido na Resolución do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifican as datas e os prazos para o desenvolvemento das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, a matrícula nas mesmas abranguerá dende o día 1 ó 8 de xullo de 2020. Data de celebración das probas o 7 de setembro de 2020. 

Para máis información preme na ligazón.

Distribuir contido