Saltar navegación.
Inicio

Novas

Proba para obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos: modificación de data e prazos

Segundo a corrección de erros da Resolución do 3 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifican as datas e os prazos establecidos na Resolución do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización, a celebración da proba terá lugar o día 3 de setembro de 2020 no IES San Clemente (Santiago de Compostela).

Para máis información preme na ligazón.

(Última actualización: 09-06-2020)

A Universidade. O Sistema Universitario de Galicia: estrutura, novidades e aspectos destacables

Consulta na presentación a información relevante sobre o Sistema Universitario de Galicia, titulacións e oferta educativa das distintas universidades, sistema de residencias, bolsas e axudas...así como as novidades destacables de cara ó próximo curso ou os aspectos principais a ter en conta de cara á preinscripción e matrícula nos estudos de grao. Só tes que botar unha ollada e premer nos botóns e enlaces.

Becas xerais do MECD para estudos non universitarios. Reintegro curso actual e reforma do sistema de becas 2020/2021

Achégase documento interactivo que contén información sobre o sistema de becas xerais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para estudos non universitarios. Premendo nos botóns situados debaixo de cada apartado accédese ó contido de cada un deles. 

A convocatoria é anual e aínda que agora mesmo está finalizada, convén ter en conta os criterios en que se contempla o reintegro da beca concedida para o curso actual, é dicir, aqueles casos en que será necesario devolver o importe da beca se non se cumplen determinadas condicións. Esta información pode ser consultada no apartado Reintegro de becas-Curso 2019/2020. 

Asemade, o Ministerio de Educación anunciou nos últimos días unha reforma do sistema de becas para o próximo curso, podendo acceder á nota de prensa no apartado correspondente.

 

Parámetros de ponderación das ABAU para acceso ás ensinanzas oficiais de gra do SUG no curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ven de publicar a Resolución do 11 de maio de 2020, pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias troncais de modalidade e materias de opción da proba da ABAU para o acceso ás ensinanzas oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2020/2021. 

Accede á resolución nesta ligazón

Probas libres para a obtención de títulos de FP LOE. Curso 2019-2020

Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas: 

  • Período de presentación de solicitudes de matrícula: do 01 a 12 de xuño de 2020
  • Período de celebración das probas: primeira quincena do mes de setembro

Para máis información sobre a convocatoria actual de probas libres FP LOE, preme na ligazón. 

Acreditación de competencias. Novas datas do proceso. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre o restablecemento do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Consulta nesta ligazón o calendario actualizado para o desenvolvemento do procedemento. 

Para máis información sobre a convocatoria de acreditación de competencias 2020 preme aquí. 

Probas de acceso a ciclos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións. Convocatoria 2020

A Consellería de Educación ven de publicar no día de hoxe a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria do 2020. As listaxes, ademais das instruccións e os centros e sedes para a realización da proba de acceso a estes ciclos, poden ser consultadas no apartado correspondente desta ligazón.

Vídeo da xornada de orientación virtual da Universidade de Vigo

Neste mes de maio a UVIGO celebrou unhas xornadas de orientación virtual. Premendo nesta ligazón podedes acceder ó vídeo da xornada do pasado día 13, onde se aborda moita información interesante para o acceso á Universidade. 

Na ligazón podedes ver o vídeo completo. A súa duración é longa, polo que convén prestar atención especialmente a estes tempos: 

  • Minuto 2: o presidnete da CIUG, L. Múñoz, explica as principais novedades da ABAU 2020
  • Minuto 20: M. Domínguez Álvarez explica como se fai a preincripción e matrícula na Universidade
  • Minuto 59: S. Rodríguez Barcia explica as novidades sobre titulacións que haberá na UVIGO para o próximo curso 2020-2021

Recordade que tódolos xoves de 11:00 a 13:00 horas, podedes consultar dúbidas sobre acceso e matrícula na UVigo a través deste enlace, entrando co perfil de estudante, indicando o voso nome e a clave pdJK7w57.

Neste outro enlace, tamén tedes o canal UVIGOTV, onde podedes ver vídeos sobre as titulacións e opinión dos estudantes. 

Vídeos das Xornadas virtuais da Universidade da Coruña

A UDC celebrou o pasado 23 e 24 de abril unhas xornadas virtuais de orientación. Para aqueles/as que non puideron conectarse, a universidade pon a disposición as videoconferencias a través da súa web. Se estades interesados/as en consultar algunha delas, podedes acceder á páxina nesta ligazón.

Novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo. A resolución establece novas datas para a celebración das probas, que terán lugar segundo as datas e horarios seguintes: 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
Data de celebración: 10 de xuño de 2020 Data de celebración: 11 de xuño de 2020

09:00 h - Presentación

09:30-13:00 h - Parte matemática e parte sociolingüística

16:00-18:00 h - Parte científico-técnica

09:00 h - Presentación

09:30-13:00 h - Parte común (Matemáticas, L. Galega e L. Castelá)

16:00-18:30 h - Parte específica 

 

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. A relación de cualificacións provisionais será publicada con data 17 de xuño de 2020, podendo efectuar reclamacións ata o día 19 de xuño. A listaxe de cualificacións definitiva farase pública con data 26 de xuño de 2020. 

Consulta o CALENDARIO COMPLETO das probas cos distintos prazos nesta ligazón

Para máis información sobre as convocatorias, consulta os enlaces: 

Distribuir contido