Matemáticas
Pasamento de Dna Mª Carmen González Madrid
Acabamos de recibir a noticia do pasamento de Dna Carmen González Madrid. Ela foi unha pioneira no ensino. Chegou á nosa cidade co seu marido, o tamén lembrado, Dn. José Antonio Miguez, dende Talavera de la Reina, da que era oriunda.
Baixo a dirección de Agustín Folla Leis, titular de Ciencias de la Naturaleza, outros siete docentes, entre eles Dna Carmen González Madrid, forman o equipo docente fundador do Instituto Francisco Aguiar . A profesora de Matemáticas, María del Carmen González Madrid, era a única muller que impartía ensino secundario en Betanzos naquel primeiro curso 1952-1953. Tamén foi directora do Francisco Aguiar. E impartíu clases no Instituto ata a súa xubilación.
En recoñecemento a este labor pioneiro recibíu no marzo do pasado ano 2012 o premio "Úrsula de Tejada" con que o Concello de Betanzos distingue a quen traballou pola igualdade entre homes e mulleres
O funeral terá lugar mañá, xoves, ás 12 h. na Igrexa de Santiago en Betanzos.
SAÍDA ALVARELLA
Os alumnos/as de 3º A e 4º C de ESO
da Sección Bilingüe, pasarán a fin de semana
en Alvarella (Vilarmaior).Estarán acompañados polo profesor José Antonio Varela
VIAXE A LONDRES
Do 9 ata o 14 de maio
15 Alumnos/as da Sección Bilingüe
de 4º C de ESO viaxan a Londres
¡Boa viaxe!
Bilingual Weekend
Do 25 ao 27 de Maio de 2012
Alumnado da sección bilingüe de matemáticas pasa a fin de semana no albergue rural de Alvarella (en Vilarmaior). Organiza a actividade Cheché Varela do departamento de Matemáticas.
Viaxe a Dublín
Do 3 ao 8 de Maio
O alumnado da sección bilingüe de 3º e 4º fai un viaxe á capital Irlandesa acompañado do profesor D. José Varela (Cheché) do Departamento de Matemáticas.
2º Premio na Olimpiada Matemática Española na súa fase autonómica
18-Abril-2012
O alumno José Enrique Domínguez Vidal ven de acadar o 2º posto nas probas da Olimpiada Matemática Española na súa Fase Autonómica. A nosa máis sincera felicitación a José e a todo o profesorado que contribuiu a este feito.
Feira Matemática 2011
21 de Maio de 2011
A Feira de Matemáticas é unha viaxe deseñada para a difusión das Matemáticas e dirixida a alumnos de Infantil, Primaria, ESO, Posgraos e Formación Profesional, e os profesores e o público en xeral, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemáticas), en colaboración co Concello da Coruña, para conmemorar a Escola de Matemáticas, dedicado este ano ao tema "A matemática da química."
O Departamento de Matemáticas do noso centro participa este ano co "SUDOKU" elaborado por un grupo de 4 alumnos/as de 3ºA da ESO.
Olimpiada matemática
O alumno Alejandro Costoya Sánchez de 2ºC de ESO pasou a fase local da Olimpiada Matemática Galega. O sábado 20 de Maio acudirá a Vigo a fase Galega.
Olimpiada Matemática
8 de Abril de 2011
Organizado polo Departamento de Matemáticas. Participación de 8 alumnos/as de 2º de ESO na Olimpiada Matemática Galega.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7