Matemáticas
E logo da feira matemática.... Olimpiada matemática para 2º da ESO. 27.IV.2017
O pasado sábado case 20 dos nosos alumnos participaban na IX Feira Matemática Galega que se celebraba nas instalacións de Palexco en A Coruña. Presentaban, coas seus profesores José Antonio Varela( auténtico clásico nestas lides) e Diego Felix Armesto, sudokus xigantes e hipercubos.
O xoves 27, 8 alumnos e alumnas de 2º da ESO completan experiencia coa súa participación na Olimpiada matemática galega para 2º da ESO que terá lugar no IES Otero Pedraio de A Coruña. Estarán acompañados polo seu profesor Diego Felix Armesto
XI Feira Matemática. 22.IV.2017
O sábado 22 de abril, 17 alumnos e alumnas do Aguiar, acompañados polos profesores Cheché Varela e Diego Félix Armesto, estan a participar durante toda a xornada na XI Feira Matemática que se celebra nas instalacións de Palexco en A Coruña.
Sudokus xigantes, xogos matemáticos e hipercubos son algunhas das aportacións do noso alumnado e profesorado á Feira.
Dende arriba(the Eye) ou por abaixo( the Tube)...forever London
Pois non hai dúbida, polas imaxes que envían os nosos arriscados aventureiros bilingües londinenses, que a súa viaxe lles está permitindo coñecer Londres dende todos os puntos de vista.
Un dos máis impactantes é o que permite a xigantesca noria á beira do Támesis que se coñece como "o ollo", The Eye.
Pero tamén é preciso, para coñecer Londres, entrar no seu metro, The Tube.
Esta grande rede de transporte subterránea é un dos mellores escaparates dunha sociedade multicultural, de múltiples manifestacións artísticas máis o menos alternativas e, por descontado, indispensable para os traslados nunha grande cidade como é Londres.
Viaxe a Londres da sección bilingüe. Canto cabe visitar nun primeiro día!
Enfrontados á mole do Museo Victoria and Albert
Contemplando as reproduccións de monumentos do mundo enteiro:
os púlpitos de Nicola Pisano,a columna Trajana, o David de Miguel Ángel
o unha reproduccíon do Pórtigo da Gloria da nosa Catedral de Santiago
( por certo cando fixeron o vaciado a finais do XIX deterioraron parte dos poucos restos de policromía que quedaban no Pórtico....Ingleses!) .
O museo de Ciencias Naturais: da paleontología á máis moderna ciencia
Ao remate dun día tan intenso e museísticamente currado....
¿quen merece realmente un monumento?
NÓS!!!!!
Para mañá máis....?
YES, WE CAN!
Imaxes do "bilingual weekend" en Alvarella 6-7-8 maio 2016
O noso correspondente en Alvarella envíanos estas imaxes da fin de semana dos alumnos de bilingüe de 3º da ESO.
Bilingual weekend 2016
Un ano máis o alumnado de 3º da sección bilingüe de matemáticas, coordinados polo seu profesor Cheché Varela, disfrutarán dun fin de semana en Alvarella
Coñecemento do patrimonio natural e cultural, actividades de ciencia, saídas á natureza.... lecer e disfrute ...pero todo "in english, please".
O Aguiar na X Feira matemática
Un ano máis o Departamento de Matemáticas do noso Instituto presenta a súa participación na Feira Matemática que organiza AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas)
Nesta ocasión presentámonos con dúas actividades. Por unha banda un clásico, a resolución de sudokus xigantes que presentaron un grupo de alumnos co profesor José Antonio Varela (Cheché).
Por outra banda, a novidade que puidemos coñecer na V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía presentada polo profesor Diego Félix Armesto e un entusiasta grupo de alumnos de 1º da ESO: a elaboración de hipercubos.
O éxito foi abrumador se atendemos a afluencia de visitantes interesados polas actividades que presentaban os nosos compañeiros.
Parabéns a alumnado e profesores!
YINCANA MATEMÁTICA NA IV SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA
Unha das máis emocionantes actividades da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía, entre o 13 e o 17 de abril, foi a Yincana Matemática
EQUIPOS GAÑADORES: fixeron o maior nº de probas correctas en menos tempo
CATEGORÍA 1ºESO: as 7 probas en 45'
EQUIPO 8 | Claudia Bouzón | 1ºB |
Mateo Gestal | 1ºB | |
Alejandro Moreira | 1ºB | |
Cristina Roca | 1ºB | |
Antón Pena | 1ºD | |
Julia Montes | 1ºD | |
Marcos Rivas | 1ºD |
CATEGORÍA 2ºESO: 6 probas superadas en 50'
EQUIPO 4 | Jesús Fraguío | 2ºA |
Manuel García | 2ºA | |
Paula Espada | 2ºA | |
Carla Castro | 2ºA | |
Evelyne Owona | 2ºC | |
Nicolás Pardiñas | 2ºC | |
Irene Quintela | 2ºC | |
Jorge Piñero |
2ºC |
NOTA:
Os equipos gañadores deron conta do suculento premio con cara de evidente felicidade. Poucas veces as matemáticas foran tan reconfortantes.
O Aguiar na XIII Feira Matemática de A Coruña
A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) acaba de organizar o 26 de abril de 2014 en Palexco a XIII Feira Matemática.
O obxectivo desta xornada é divulgar e afondar no ensino-aprendizaxe das matemáticas e acadar unha intercomunicación social, matemática, lúdica, prática e agradable, animando a nenos, nenas e maiores a resolver problemas matemáticos diversos.
Continuando coa tradicional participación do "Aguiar" nesta iniciativa o pasado 26 de abril desprazouse "de sudokus pertrechada" unha, pequena pero ilustre, representación do noso Instituto: Gala Sofía Sánchez, Icía Carro e o profesor Cheché Varela
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »