O Aguiar na XIII Feira Matemática de A Coruña

A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) acaba de organizar o 26 de abril de 2014 en Palexco a XIII Feira Matemática.

O obxectivo desta xornada é divulgar e afondar no ensino-aprendizaxe das matemáticas e acadar unha intercomunicación social, matemática, lúdica, prática e agradable, animando a nenos, nenas e maiores a resolver problemas matemáticos diversos.

Continuando coa tradicional participación do "Aguiar" nesta iniciativa o pasado 26 de abril desprazouse "de sudokus pertrechada" unha, pequena pero ilustre, representación do noso Instituto: Gala Sofía Sánchez, Icía Carro e o profesor Cheché Varela